Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Febreiro 25/26 Trail da Filloa e máis

por | Feb 28, 2023

· Antonio Carneiro e Lucía Rodríguez, participantes no Trail da Filloa de Zas

· Gran imaxe de Sindo González na Carreira do Calvario de Vigo

· Miguel Ángel Barral, representante da Esedé en Ibiza

Pasou outra fin de semana e con ela tres probas en que as cores da SD Compostela Atletismo estiveron ben representadas polos seus comprometidos atletas. Zas, Vigo e Ibiza foron as tres localizacións nas que se puideron ver aos nosos dando todo de si e gozando, en diferentes distancias e disciplinas deportivas, dos beneficios do atletismo e do deporte ao aire libre.

Atopámonos en temporada trails e algúns dos nosos non quixeron perder a cita do trail da Filloa de Zas. Na distancia curta dos 17 quilómetros estiveron Antonio Carneiro e Lucía Rodríguez. Logo de dúas horas de carreira, en que subiron ao Pico de Montebrondo, Alto do Monte e Paso da Devesa, e cun desnivel positivo final de máis de 800 metros, Antonio chegou nun tempo de 2:09:11 (49M) e Lucía en 2:19:06 (9F) e foi premiada como 3ª Veterana.

Sindo González, participou da proba curta dos 5 quilómetros no tradicional ‘Carreira do Calvario de Vigo’. O noso atleta atravesou a liña de meta entre os 10 corredores máis rápidos da proba, nun tempo de 17:50 como 9ª da xeral e 5º da categoría Máster2.

En Ibiza tamén se viu o escudo da Esedé coa magnífica representación de Miguel Ángel Barral Puga nos 5K de Platja d’en Bossa, cun tempo final de 16:00 (6M) e premiado como 1º da categoría VET35.

A vindeira fin de semana terá lugar unha das citas destacadas no calendario; o Campionato de Galicia de Campo a través de idade escolar, así como o Campionato Nacional de Pista Cuberta Máster en Antequera e diversas probas populares en Lalín, Camariñas e Narón.

 

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica marzo 8/9 Bilbao, Arzúa e máis

Crónica marzo 8/9 Bilbao, Arzúa e máis

As cores da Esedé relucen no Campionato de España celebrado en Bilbao e en diversos puntos da xeografía galega. O Campionato de España 10K en ruta celebrado en Bilbao, foi tamén a estrea dunha nova unión para a nosa entidade cunha empresa patrocinadora. Evelb...

Crónica marzo 1/2 Trazo e Antequera

Crónica marzo 1/2 Trazo e Antequera

Entroido en Trazo e Campionato de España Máster de Pista Cubierta. O ‘Trillazo’ en pleno Entroido baixo o lema “A Carreira do Entroido” tiña todos os ingredientes para ser unha das citas deportivas e lúdicas destacadas da xornada para a nosa entidade. Tivemos...