O Campionato Galego Sub16 citou a varios dos nosos atletas máis novos nas pistas de Elviña. Paula Fernández, Xana Senín, Daniela Ramos e Iago Mateos asistiron a esta gran cita do atletismo galego.
Paula Fernández, especialista en 1.500 obstáculos, completou a proba en 5:13.04, posicionándose entre as tres mellores e marcando unha distancia de 7 segundos coas demais atletas. Xana Senín continua nunha liña ascendente logrando un tempo de 13.62 nos 100m, mentres que Daniela Rama participou nos 3.000m e tivo que abandonar. Iago Mateos participou nunha das probas máis numerosas da xornada, a dos 300m, onde o veloz atleta da Esedé parou o crono en 39.94.
En canto ás carreiras e probas populares desta xornada, temos que destacar a participación de Alejandro Montero na Carreira do Couto en Ourense cun magnífico 11º posto xeral (5º senior).
A vindeira fin de semana volverán citas tan agardadas como a Carreira Popular Concello de Carballo, que celebrará paralelamente o Campionato de Galicia de 10Km en ruta; a carreira pedestre de Zas e o Campionato Máster Aire Libre.
0 comentarios