NOVOS CAMPIONATOS AUTONÓMICOS NA PASADA FIN DE SEMANA CON ÉXITOS PARA O COMPOS.
Como non temos a capacidade consciente da bilocación, os máster tiveron que elixir entre o campionato de pista aire libre en Vigo e o de 10k en Carballo, unha mágoa a coincidencia de dous campionatos no mesmo día.
En Vigo celebrouse un campionato descafeinado debido entre outras cousas a coincidencia do Máster 10k.
Emilio García, tras o seu éxito nos campionatos nacionais, acadou o subcampionato autonómico nos 1500 por detrás de Abel Barros.
Nos 400 Santi Dapena foi medalla de bronce e Campión de Galicia M35 nos 200 metros cun magnífico rexistro de 25.73.
Antonio Pose foi medalla de Ouro en lonxitude M50 recuperando sensacións despois dun parón deportivo.
CARBALLO 10K
No mesmo Domingo, estivemos na capital de Bergantiños. Nun perfil bastante rápido, aínda que con algunha que outra subida levadeira, os nosos desempeñaron un gran papel.
Elena Veres foi a primeira das nosas, mellorando o seu rexitro oficial nos 10k e parando o crono en 40’32”, sendo 4ª senior e Top 10 feminina.
A continuación chegaría Julia Vaquero que foi pódium en F50 con menos de 41 minutos.
María Tarrío, tamén nunha gran carreira, parou o crono en 41’57” consolidando xa estos ritmos na distancia, serviulle para ser medalla de chocolate.
Valeria Batire proclamouse campioa de Galicia sub20 nunha carreira na que arriscou cun alto ritmo de inicio, que lle serviu para deixar atrás as demáis participantes nesta categoría.
Nuria Mejuto tamén acadaba MMP con 44’32” para ser 6ª senior.
Fini Riber foi a nosa seguinte participante feminina, cun gran ritmo de inicio pero con algún problema na segunda parte. Con todo, acadou ser 6ª con 48 minutos.
Pouco despois chegaba Silvia Fernández mellorando tamén o seu mellor rexistro na distancia con 50’58 e sendo 8ª de categoría.
Malena Amigo foi outra das nosas premiadas no campionato, acadando o terceiro posto en M55.
Amador Pena foi o primeiro dos nosos, xa coñecía o que era gañar en Carballo en máis de unha ocasión, desta vez 33’22 nunha carreira de menos a máis para ser 2ª subcampión M40 detrás de Ricardo Vázquez.
Martin Abelenda foi, na vila do Anllóns, outro dos nosos atletas exitosos, gran mordisco a sua mellor marca para deixala en 35’27”
Alberto Mariño chegou moi preto de Martin, en 35’17”
Marcelo Lanza tamén parou o crono nuns fantásticos 35’36” para ser 5º no campionato.
Fernando González tamén foi 5º, pero en M55, con 37’11
Antonio Vázquez parou o crono en 38’33” no 11º posto
Jesus Barral con 38’36” foi 7º
Joaquín Sangiovanni rompía a barreira buscada dos 40’ con 39’44”
Manu Castiñeiras chegou a meta en 40’30”
Fernando Paz precisou 42’23” para acadar a liña de meta
Segundo Dominguez foi 10º con 43’06 chegando con Antonio Carneiro
Juan Alvarellos rexistrou 44’22 e Iván Solis 44’48
Juan Botana tivo pódium neste campionato sendo Sub campión M65 en menos de 50 minutos.
Jesús Baña foi o último en parar o crono chegando en 51’
Pouco depois da proba dos 10k tivemos unha de 5k donde participou o atleta local
Roi Porteiro, sendo 16º con 21’02”
Nas probas de menores participaron Lois e Breo Abel xunto ao biberón Tiago Abelenda.
¡Gran representación e resultados do Compos en Carballo!
Circuito Costa da Morte – Zas
Non podíamos deixar de ter representación na costa, e o Sábado tivemos en terras de Soneira a:
Amador Pena, que xa sabía o que era gañar 4 veces esta carreira, nesta volta tomouna con algo de calma para poder correr ben ao día seguinte o campionato. Con todo, puido ser segundo absoluto tras un potente sprint nos últimos metros e acadar unha ponte de Brandomil como campión Máster.
Antonio Carneiro foi outro dos nosos integrantes nos 10k que entrou entre os 50 primeiros en 40 minutos.
Matias Benito que foi 55º tamén estivo na proba de Zas.
Na distancia de 3k tivemos a Laura Botana, que foi 6ª absoluta con 13’44
Iago Mateos foi segundo sub16 participando tamén a peque da casa Xeila Mateos.
Trail de Vilatuxe
E como non tamén tivemos representación en Trail, na dura e fermosa proba de Vilatuxe, desafío do Candán.
No trail longo tivemos ao indio Xose María Rodríguez, no pódium de categoría, tras facer un 7º posto absoluto.
Segunda absoluta tamén foi Julia Salvado, o que lle serviu para ser gañadora xuveni no trail promo de 12 kms, donde tamén correu Roberto Salvado que entrou na posición 25º.
En Andorra de Teruel, a oscense Viki Gonzalez Gomez acadaba a vitoria na sua categoría Master 50, sendo terceira feminina da xeral.
Nun circuito esixente, Viki facía un moi bo tempo, parando o crono en 43:58 (4’23″/Km) nos 10Km da proba aragonesa.
Holi Gaias na Cidade da Cultura en Santiago
Como nos parecían poucas carreiras, o Sábado pola mañá tamén quixemos estar presentes nesta carreira lúdico festiva, que non por iso deixa de ser competitiva, e xa sabemos que cando se pon un dorsal na camisola, pois o corpo quere festa…
Eloi Lorente foi o primeiro Compostelanista, e primeiro da categoría infantil nos 5k, sendo 10º de posición absoluta.
A continuación, e como vencedoras absolutas, chegaron Elena Veres, en primeira posicición, e María Tarrío, de segunda.
Nuria Mejuto foi 4ª absoluta e andivo moi pretiño de acadar un pódium completo para a Esedé.
Lucía Taboada foi 2ª infantil e 13ª absoluta feminina.
Mencía Reboredo tamén participou pero fixo a proba modo máis festivo!
Campionatos, populares, pista, trail, ruta… seguimos sumando e disfrutando de azul e branco.
0 comentarios