Manuel Castiñeiras
Presidente
Laureano Varela
Vicepresidente
Nuria Mejuto
Secretaria
Elena Veres
Tesoureira
José Sandá
Vogal
A Sociedade Deportiva Compostela Atletismo é un club nado a finais do ano 2019 en Santiago de Compostela. O noso obxectivo principal é o fomento da práctica de distintas disciplinas atléticas, dende os 3 anos ata categoría Máster. Precisamente, a categoría Máster da SD Compostela Atletismo destaca polos seus excelentes resultados deportivos.
Participamos en todo tipo de carreiras e probas; polo monte, asfalto e pista, con máis de 250 licencias federativas entre nenos e adultos. Debido á ampla participación compostelanista e aos magníficos resultados, con podiums no 90% das probas ás que asistimos, a presenza na prensa local é habitual, dende entrevistas na radio, reportaxes, e un longo etcétera.
En tan pouco tempo, xa fomos quen de gañar numerosos títulos autonómicos e nacionais, individuais e por equipos, en distintas disciplinas, e incluso, clasificarnos cinco anos consecutivos para o campionato de España absoluto de campo a través. Este crecemento, do cal estamos tremendamente fachendosos, sobrepasou todas as nosas expectativas. Somos un proxecto que segue medrando pasiño a pasiño, grazas ao cariño recibido e á acollida por parte de todo o tecido atlético galego.
Tamén contamos cunha destacada presenza en redes sociais, cunha páxina web onde todos os socios e simpatizantes do club poden coñecer de primeira man as noticias e novidades que se producen. Nesta plataforma subimos periódicamente diferentes reportaxes das competicións ás que asistimos, así como diferentes colaboracións e charlas cos nosos patrocinadores.
Seguimos pelexando e movendonos para acadar fondos e facer fronte aos numerosos gastos que temos que asumir. Gustaríanos contar coa túa colaboración neste fermoso proxecto deportivo.