Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Marzo 4/5 Camariñas, Lalín e máis

por | Mar 7, 2023

A primeira das grandes citas da fin de semana tivo lugar na Pobra co Campionato de Galicia XOGADE de Campo a través para atleta en idade escolar, que reuniu aos mellores equipos e atletas clasificados a nivel individual de Galicia nesta disciplina deportiva. Paula Fernández foi bronce da categoría Cadete, o que lle permite a clasificación directa para o Campionato de España por autonomías de Campo a través. Ivan Casas e Iago Mateos foron 11 e 21, respectivamente, da mesma categoría Cadete. Tamén a nosa Vega Pérez (24)participou da proba Alevín Feminino.

Outra das nosas novas atletas que está nun gran momento deportivo é a nosa Ainoa Gontán que se proclamou campioa de 5.000 metros Sub20 no Campionato de Galicia de fondo e lanzamentos longos celebrado nas pistas de Balaídos. Ainoa, con 19:17.83 nos 5.000 metros, asina outro gran trunfo nesta magnífica tempada da atleta compostelanista. En Balaidos tamén tivemos a Gonzalo Cao nos 5.000 Sub20, en que o noso parou o crono en 17:54.40.

Dende a vila costeira de Camariñas ata o interior da comarca do Deza, atletas da SD Compostela Atletismo participaron este domingo nas dúas carreiras populares marcadas en vermello no calendario.
A primeira das carreiras do Circuito “Correndo pola Costa da Morte” tivo como punto de partida a vila de Camariñas, onde destacaron as participacións de Cristian Muíño, que foi 2º da proba Absoluta 10k (31:00); e Iago Mateos, 2º da carreira escolar Sub14/16/18 e 1º da categoría Sub16 (7:47). A camisola da Esedé foi unha máis entre a multitude de atletas citados na mañá do domingo con excelentes resultados de todos os atletas compostelanistas:
Carreira 3K: Christian Danis (4) e José Figueiras (62)
Carreira 10K: Antonio Carneiro (M41), Paula Esteiro (F11), Juan Luis Botana (M155) e Paco Pena (M164)
O frío e a chuvia lalinense marcaron a “Carreira do Cocido de Lalín” que xa vai pola súa XIII Edición. Julia Vaquero resultou 2ª da proba de 5K cun tempo de 20:58, mentres que na proba absoluta dos 10k tivemos a Lennon Almeida (M61) e Silvia Fernández (F33).
Entre os atletas máis novos estiveron: Lois Abel Meijome en Sub12 e Xian Martínez e Xan Vilas en Sub10.

Fóra da comunidade, en Madrid, os nosos Malena Amigo e Ángel García cubriron os 5 quilómetros da carreira solidaria “Día Mundial del Riñón”.

Na próxima fin de semana celebrarase San Silvestre Compostelá e Campionato de Galicia 5k en ruta, que tivo que ser aprazada no seu día por mor da climatoloxía adversa. Tamén estaremos en Laredo, na carreira de 10 quilómetros considerada como a máis rápida de España.

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica novembro 23/24 Vilagarcía, Ferrol e máis

Crónica novembro 23/24 Vilagarcía, Ferrol e máis

O campionato galego de medio maratón celebrado en Vilagarcía encumbra ao equipo feminino da SD Compostela Atletismo como CAMPIÓN DE GALICIA POR CLUBS. Éxito colectivo para a nosa entidade na xornada festiva do domingo en Vilagarcía, que tivo un convidado inesperado e...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.