As festividades do día das Letras Galegas e da Ascensión foron festexadas polos nosos con trunfos no Camiño das Letras así como na pedestre de Outes. O premio por equipos na proba que saíu do Pico Sacro e rematou na Cidade da Cultura tivo color branquiazul grazas aos resultados dos nosos atletas; entre outros, o segundo posto de Mencía Reborido no eido feminino. Antonio Vázquez, Iván Solís, Fran Espiño, Segundo Domínguez, Silvia Fernández e Pablo Fernández cubriron os 15 quilómetros desta dura proba cunha impoñente saída costa abaixo e chegada dura, e costa arriba, nos últimos quilómetros.
Na versión curta da xa tradicional carreira, a de 5 quilómetros, tivemos a Juan Carlos Raviña facendo podio en Master3, acompañado de Roberto Salvado como 2o de dita categoría. Valeria Batire volveu situarse entre as tres mulleres máis rápidas da proba. Jesús Barral, Juan Alvarellos e Malena Amigo completaron a lista de atletas compostelanistas chegados a meta. Entre os atletas en idade escolar; Paula Fernández foi a mais veloz das Sub16, carreira en que tamén estivo Lucía Taboada (6). Xián Martínez, Niko Costoya e Simón Fandiño portaron o escudo da Esedé nas demais carreiras de menores.
En Outes, Amador Pena logrou o segundo posto na proba absoluta de 10 quilómetros. Entre os máis cativos estiveron: Daniela Gil, África Gil e Antía Regueiro.
Outro dos nosos atletas que aproveitou a festividade do 17 de Maio participando dun espectacular evento deportivo foi Sindo Gonzalez, que completou os 8 quilómetros da carreira Praia de Samil (21).
A fin de semana centraría a nosa atención coa proba nacional de Milla absoluto, co noso Emilio García como un dos representantes galegos desprazados á comunidade de Madrid. Emilio amosou a súa mellor versión na categoría M45 para acadar a medalla de prata cun tempo de 4:53.29.
Os nosos cativos volveron gozar cunha nova xornada de Xogade, dentro da fase provincial, nesta ocasión nas instalacións deportivas da USC. Alí tivemos a
Noa e Vega, campioas provinciais de lonxitude e 60m, respectivamente. Na xornada matinal tamén participaron Alex nos 400m e Marta en altura. Pola tarde foi turno de Gónzalo Pérez en altura e 80m, e de Lucía Taboada en 1.000m.
O sábado tamén contamos con representación na Pedestre de Dumbría, carreira que forma parte do Circuíto Correndo pola Costa da Morte, onde a SD Compostela Atletismo xa é habitual. O noso xuvenil Iago Mateos entrou na meta nun gran segundo posto. Na 3K tivemos ás dúas irmás Botana e a Jose Figueiras. Na proba absoluta participaron Amador Pena, Manuel Castiñeiras, Antonio Carneiro, Juan Luis Botana, Elena Veres e María Tarrío. As dúas atletas compostelás chegaron en 4º e 5º lugar e subiron a podio nas súas respectivas categorías.
Completando esta xornada deportiva, tivemos a Paula Esteiro como gañadora do trail curto XTOSIN Trail e a Lucía Rodríguez como 3ª Máster1 na Carreira Popular Torre de Hércules.
0 comentarios