Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Xaneiro 25/26 Sevilla, Ourense e máis

por | Ene 29, 2025

Un numeroso grupo de atletas da SD Compostela Atletismo desprazouse a Sevilla para vivir a experiencia da media maratón da capital andaluza.

Foi unha xornada enriquecedora a todos os niveis; tanto polo interés que dita carreira esperta no noso club ano tras ano e que en cada edición cita a un maior número de atletas compostelanistas, como polos excelentes resultados conseguidos. Jordi Carrasco e Soledad Leiro acadaron rexistrar novo récord en media maratón nas súas respectivas categorías a nivel autonómico, todo un hito para os noso atletas, o noso club e para o atletismo galego en xeral. Xunto a eles, tivemos a outros atletas que, de igual maneira, lograron éxitos individuais conseguindo mellorar marcas personais ou completar unha proba deste nivel logo dun largo parón deportivo: Daniel Álvarez, Joaquin Sangiovanni, Alberto Pereira ‘Piti’ e Esteban Otero.

A nivel autonómico, na pista cuberta de Ourense, celebrouse unha nova xornada de control de marcas da FGA. Alí, o noso Alejandro Montero participou na proba de 3.000 metros rexistrando un tempo de 9:30.15.

A Esedé tamén estivo presente nas probas de montaña; en concreto no Trail de invierno da Fonsagrada ‘Terras de Burón’ o noso Xosé María Rodríguez completou a Maratón das Seimeiras.

E temos pendente a Carreira Popular de Pontecesures, adiada por mor do temporal. Seguimos!

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica Abril 18/19 Laredo, Moaña e máis

Crónica Abril 18/19 Laredo, Moaña e máis

Fin de semana de grandes probas, trail e moita presenza do Compos A SD Compostela Atletismo volveu ter unha fin de semana moi activa, con presenza en probas de nivel dentro e fóra de Galicia, combinando ruta, trail e base. 10K Villa de Laredo Unha das probas máis...

Crónica Abril 11/12 Vimianzo, Toques e máis

Crónica Abril 11/12 Vimianzo, Toques e máis

Carreira Popular Concello de Vimianzo Gran actuación do Compos nesta proba, con numerosos podios en ambas distancias. 10K 🥉 Jaci Mello – 3ª absoluta🥇 Alberto Pardo – 1º M1🥇 Martina López – 1ª Sub20 Tamén participaron: Manu Costa Josito Fernández Manu Castiñeiras 3K 🥇...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *