Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Xaneiro 18/19 Campionato de Cross e máis

por | Ene 22, 2025

Celebración pasada por auga no Campionato Galego de Campo A Través celebrado en A Pobra.

Os nosos atletas volveron do Barbanza cargados de metais nas categorías Máster60 e Máster65. O equipo Máster masculino +60 da SD Compostela Atletismo, formado por José Suárez, Javier Cepeda, Emilio Fernández e Juan Luis Botana, proclamouse campión do campionato Xunta de Galicia Campo a través que o pasado domingo acolleu A Pobra do Caramiñal. Ademais do éxito grupal dos nosos Máster60, puidemos celebrar o máis que meritorio 7 posto do equipo Máster 45-59, con José Carlos Ferreira, Xosé Antón Barreiro, Manuel Castiñeiras, Laureano Varela, Luis Míguez e Antonio Carneiro.
Mais o domingo, en A Pobra, pese a incesante choiva caída ao longo da mañá, tamén foi unha xornada festiva para moitos dos atletas que forman parte da Esedé no eido individual: Elisa Boullosa acadou o ouro no campionato de Galicia F35, Carmen del Río fíxose co título de campioa galega Master65 e José Suárez fixo o propio na categoría Master60. Por outra banda, Manuel Sobral e Javier Cepeda lograron un subcampionato nas categorías Master40 e Master65, respectivamente.
Completaron o cadro branquiazul en A Pobra: María Tarrío, David Martínez, Fernando Paz e Pablo Fernández.

En canto ás nosas atletas máis novas presentes na cita de campo a través; Xeila Mateos participou da proba Sub10 e Daniela Gil cubriu a carreira Sub12.

Na primeira carreira do Circuito Corre Con Nós, -Nocturna Ramón Ferreiro (Lugo) de 3k, tivemos a Marcelo Lanza no posto 47° da xeral e 4° V50.

Dúas citas do panorama nacional centraron a atención de dous atletas compostelanistas. Elena Veres resultou vencedora da Carreira Popular de Tabayesco, en Lanzarote; mentres que Juan Carlos Casal participou na media maratón de Santa Pola en Alicante.

No país veciño tivemos a Martina López participando na Media Maratón Manuela Machado de Viana do Castelo. Martina portou o escudo da Esedé na vila do norte de Portugal facendo un gran rexistro e marca personal.

 

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica Maio 9/10 Cacheiras, Cuntis e máis

Crónica Maio 9/10 Cacheiras, Cuntis e máis

Podios en Cacheiras, trail en Cuntis e nova gran actuación colectiva do Compos 🩵🤍 A SD Compostela Atletismo volveu vivir outra fin de semana chea de competicións, podios e participación en diferentes puntos de Galicia, combinando ruta, trail e categorías base. XIII...

Crónica Maio 1/2/3 Frades, A Baña, trail e máis

Crónica Maio 1/2/3 Frades, A Baña, trail e máis

Fin de semana espectacular para o Compos entre ruta, montaña e campionatos de España 🩵🤍 A SD Compostela Atletismo volveu vivir unha fin de semana intensísima, con presenza en múltiples probas populares, trail e competición nacional, conseguindo podios individuais,...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *