Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Campionato de Galicia Máster Pista Curta

por | Feb 6, 2025

Choiva de metais para a SD a Compostela Atletismo

O Campionato de Galicia Master de «Short Track» ou Pista Curta, celebrada en Ourense a pasada fin de semana, deparou unha chea de éxitos para a nosa entidade. Da man dun numeroso grupo de atletas, a Esedé brilou en Expoourense con excelentes resultados individuais e colectivos, o que supuxo o broche de ouro a unha xornada de convivencia, deportividade e compañeirismo.

Amira Simón, Ángel Fernández e José Carlos Ferreira obtiveron metais na proba dos 3.000 metros; bronce, plata e ouro, respectivamente.

As medallas de ouro levaron o nome de Soledad Leiro nos 1.500 metros, María Carmen del Río nos 400m e 800m, Santiago Dapena nos 200m, David Martínez en Lonxitude e Francisco Sal de Rellán en lanzamento de Peso.

O noveno ouro para a nosa entidade foi compartido na proba de relevos mixto M40, con María Tarrío, José Sandá, María Maroñas e Santiago Dapena.

Ademais da prata dos 3.000 metros de Ángel Fernández, foron outros sete atletas da Esedé os que asinaron subcampionatos galegos. Entre eles; Emilio García no 1.500m e Emilio Fernández e Javier Cepeda nos 400m, nas súas respectivas categorías. José Sandá foi prata nos 1.500m M40 e María Tarrío fixo dobrete no 800m e 1.500m con sendos subcampionatos. María Maroñas e Santi Dapena tamén lograron colgar a medalla en 200 metros e 400 metros, respectivamente.

Iván Solís e José A. Pose conseguiron premiación de bronce en 400m e Lonxitude; namentres María Maroñas e Emilio Fernández asinaron sendos terceiros postos en 60m e 200m.

Igualmente importantes foron as participacións dos nosos Manuel Castiñeiras, Laureano Varela e Juan Luis Botana, que representaron á nosa entidade nos 3.000 metros, peso, 200m 400m e 800m.

Un total de 22 medallas; 8 ouros, 9 platas e 5 bronces, súmanse ao histórico de resultados da SD Compostela Atletismo neste Campionato Galego en categoría máster, un evento no que xa se consolida como un dos clubs máis laureados.

 

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica Abril 18/19 Laredo, Moaña e máis

Crónica Abril 18/19 Laredo, Moaña e máis

Fin de semana de grandes probas, trail e moita presenza do Compos A SD Compostela Atletismo volveu ter unha fin de semana moi activa, con presenza en probas de nivel dentro e fóra de Galicia, combinando ruta, trail e base. 10K Villa de Laredo Unha das probas máis...

Crónica Abril 11/12 Vimianzo, Toques e máis

Crónica Abril 11/12 Vimianzo, Toques e máis

Carreira Popular Concello de Vimianzo Gran actuación do Compos nesta proba, con numerosos podios en ambas distancias. 10K 🥉 Jaci Mello – 3ª absoluta🥇 Alberto Pardo – 1º M1🥇 Martina López – 1ª Sub20 Tamén participaron: Manu Costa Josito Fernández Manu Castiñeiras 3K 🥇...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *