Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Maio 27/28 Campionato Galego Sub 16 e Ourense

por | Jun 2, 2023

O Campionato Galego Sub16 citou a varios dos nosos atletas máis novos nas pistas de Elviña. Paula Fernández, Xana Senín, Daniela Ramos e Iago Mateos asistiron a esta gran cita do atletismo galego.
Paula Fernández, especialista en 1.500 obstáculos, completou a proba en 5:13.04, posicionándose entre as tres mellores e marcando unha distancia de 7 segundos coas demais atletas. Xana Senín continua nunha liña ascendente logrando un tempo de 13.62 nos 100m, mentres que Daniela Rama participou nos 3.000m e tivo que abandonar. Iago Mateos participou nunha das probas máis numerosas da xornada, a dos 300m, onde o veloz atleta da Esedé parou o crono en 39.94.

En canto ás carreiras e probas populares desta xornada, temos que destacar a participación de Alejandro Montero na Carreira do Couto en Ourense cun magnífico 11º posto xeral (5º senior).

A vindeira fin de semana volverán citas tan agardadas como a Carreira Popular Concello de Carballo, que celebrará paralelamente o Campionato de Galicia de 10Km en ruta; a carreira pedestre de Zas e o Campionato Máster Aire Libre.

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica Xaneiro 25/26 Sevilla, Ourense e máis

Crónica Xaneiro 25/26 Sevilla, Ourense e máis

Un numeroso grupo de atletas da SD Compostela Atletismo desprazouse a Sevilla para vivir a experiencia da media maratón da capital andaluza. Foi unha xornada enriquecedora a todos os niveis; tanto polo interés que dita carreira esperta no noso club ano tras ano e que...

Crónica Xaneiro 18/19 Campionato de Cross e máis

Crónica Xaneiro 18/19 Campionato de Cross e máis

Celebración pasada por auga no Campionato Galego de Campo A Través celebrado en A Pobra. Os nosos atletas volveron do Barbanza cargados de metais nas categorías Máster60 e Máster65. O equipo Máster masculino +60 da SD Compostela Atletismo, formado por José Suárez,...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.