Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Febreiro 4/5 Pista Cuberta, Padrón 5/10k e máis

por | Feb 7, 2023

Exhibición da SD Compostela Atletismo no Campionato Galego Máster en Pista Cuberta e Probas Combinadas

· Máis de 20 atletas da Esedé participaron na Padrón 10K e na novedosa proba de 5 quilómetros

· Medalla de bronce F50 para Vicky González no Campionato de España de Maratón Master

Cargados de metais e de sorrisos. Así volveron os nosos atletas Máster da súa experiencia no Campionato de Galicia desenvolvido este domingo na pista cuberta de Ourense. Un total de 25 medallas viñeron para Santiago de Compostela, con dobre e triple recoñecemento para algúns dos atletas composteláns, que viron así premiado o seu traballo e esforzo nesta cita galega, un clásico para a nosa entidade en categoría Máster.
A relación de premiados da SD Compostela foi a seguinte:

Amador Pena

3000 M40 Ouro🥇800 M40 Ouro 🥇Relevos M35 Ouro 🥇

Malena Amigo
3000 M50 Plata 🥈
Juan Alvarellos
Relevos M40 Ouro 🥇
José Sandá
1500m M40 Bronce 🥉
Relevos M40 Ouro🥇
Marcelo Lanza
800m M45 Bronce 🥉
Relevos mixto M45 Ouro🥇
Santi Dapena
200 M35 Ouro🥇
400 M35 Ouro🥇
Relevos M35 Ouro🥇
María Tarrio Martínez
800 F45 Bronce🥉
1500 F45 Prata🥈
Relevos Mixto 45 Ouro🥇
Damián Espasandín
400 M35 Prata 🥈
Peso M35 Ouro 🥇
Jesús Cabo
Relevos M40 Ouro🥇
José Luis Botana
800 M65 Bronce 🥉
400 M65 Prata 🥈
Relevos M55 Ouro 🥇
Paco Pena
3000 M70 Ouro 🥇
Relevos M55 Ouro 🥇
Jesús Barral
1500 M55 Bronce🥉
Relevos M55 Ouro🥇
José Antonio Pose
60 M50 Bronce🥉
Longitud M50 Bronce🥉

O sábado tamén tivemos a algúns dos nosos atletas máis novos gozando do Campionato Galego de probas en pista cuberta en Ourense. Alex Pena estreouse na distancia de 1.000m Sub10 en pista cuberta e Lucía Codesido fixo o propio en Sub14. En canto ás probas ao aire libre, en Pontevedra; Iago Mateos foi 2º da serie en 600M Sub16 (1.35.48) e 1º na proba de 300m con 41.19. A nosa Camila Clarisse Romero debutou en 800m parando o crono en 2.50.22, 3ª da serie.

En asfalto, no Campionato de España de Maratón Master de Murcia, a nosa Vicky González logrou a medalla de bronce en F50, sendo a 22 muller en entrar por
meta nun tempo de 3:39:14.

Unha cita moi próxima a Santiago de Compostela centrou a atención dun gran número de corredores da Esedé. A 10K de Padrón regresou e, xunto a ela, unha nova modalidade de proba de 5 quilómetros, distancias homologadas pola RFEA. A sección feminina do club destacou en ambas probas, conseguindo premiacións ata 4 atletas da Esedé: Daniela Rama (2ª) e Martina López (3ª) na proba curta e Ainoa Gontán (3ª) e Elena Veres na distancia longa.

José Sandá estivo espléndido nos 5 quilómetros para ser 8º da xeral, seguido de Gonzalo Cao, Juan Carlos Raviña e Manuel Castiñeiras. Posteriormente chegaron Sindo González, Nicolás Losada, Hugo Taibo, Jesús Barral e Pablo Fernández. Entre as atletas femininas, ademais de Daniela Rama; que foi 2ª muller absoluta e 1ª do grupo Sub16, e Martina López, que foi a 3ª atleta fémina en chegar a meta, tamén participou a nosa Nuria Mejuto.

Ainoa Gontán volveu amosar o seu gran estado de forma asinando un gran terceiro posto absoluto e 1ª Sub20. Elena Veres, que foi novena en meta, logrou ser a 3ª Senior.
Cristian Muíño, Javier de Dios, José Antonio Gontán, Xosé Antón Barreiro, Lennon Almeida e Según Domínguez tamén participaron desta rápida proba padronesa.

Xián Martínez e Daniela Gil representaron a SD Compostela Atletismo na proba Sub10, mentres que Lois Abel Méijome estivo na proba Sub12.

Esta fin de semana tamén se celebraron dúas importantes probas de montaña da contorna galega: O Trail da Camelia en Vedra e o Quiroga Trail Challenge. Antonio Carneiro (16AbsM) e Silvia Fernández (15AbsF) completaron os 16 quilómetros polas inmediacións do Pico Sacro, e Lucía Rodríguez estivo na proba “minitrail” de 17 quilómetros polas montañas do Courel onde foi 1ª Vet.rA.

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica novembro 23/24 Vilagarcía, Ferrol e máis

Crónica novembro 23/24 Vilagarcía, Ferrol e máis

O campionato galego de medio maratón celebrado en Vilagarcía encumbra ao equipo feminino da SD Compostela Atletismo como CAMPIÓN DE GALICIA POR CLUBS. Éxito colectivo para a nosa entidade na xornada festiva do domingo en Vilagarcía, que tivo un convidado inesperado e...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.