Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Xaneiro 28/29 – Campo a través, pista cuberta e maís

por | Feb 1, 2023

A SD Compostela Atletismo faise un oco entre os mellores clubs do campo a través en Galicia Máster

  • · Representación azul e branca con Ainoa Gontán na Selección Galega Sub20 de Campo a Través
  • · Cielos Caderno, Cristian Danis e Santi Dapena, no I Trofeo Laranxa de Atletismo en pista cuberta

A SD Compostela Atletismo regresou do Campionato Galego de Cross Máster celebrado en Ribadavia cunha morea de éxitos, tanto a nivel grupo como individual: título galego do equipo feminino Máster 45 e dous subtítulos galegos para os equipos masculinos Máster 35 e Máster 45. Tres grandes fazañas grupais que estiveron acompañadas dos grandes resultados a nivel individual.

Julia Vaquero e Amador Pena proclamáronse campións galegos de campo a través nas súas respectivas categorías. Tamén resultaron premiados os nosos Fernando González como subcampión do grupo 55M, e Miguel Ángel Barral e María Tarrío como os terceiros mellores do seu grupo de idade, 35M e 45F.

Nos resultados por equipos foron determinantes os resultados de todos os compañeiros que participaron neste Campionato Galego: Martín Abelenda, Manuel Castiñeiras, Roi Manuel García, Marcelo Lanza, José Antonio Gontán, Emilio García, Antonio Vázquez, Xosé Antón Barreiro, Francisco Dapena e Juan Luis Botana na proba masculina. Na carreira de mulleres tivemos a: Martina López, Beli Bermúdez, Camila Clarisse, Sonia González, Josefina Riber, María Maroñas e Malena Amigo.

O circuito de cross de Ribadavia tamén acolleu, durante a xornada matinal, o Campionato Xunta de Galicia de Categorías Menores “26º Memorial Alejandro Lorenzo”. Alí estiveron un numeroso grupo de cativos e cativas da Esedé gozando, por segunda semana consecutiva, dunha proba de campo a través. Paula Fernández acadou un gran resultado como a 3ª mellor atleta Sub16 de Galicia nesta modalidade.

En Sub10 feminino: Noa López e Daniela Gil 4º posto por equipos en Sub10 masculino coa participación de: Xan Vilas, Xián Martínez, Alex Pena, Xandre Dapena, César Ramos e Diego Amboage. Lois Abel Méijome foi o único representante na proba Sub12; mentres que en Sub14 estiveron: Clara López, Lucía Taboada, Irene Leis, Clara Leis, Martina Rodríguez e Carme Dapena.
Tamén tivemos a Iago Mateos en Sub16 e a Julia Salvado e Nicolás Losada en categoría Sub18.

A nosa Ainoa Gontán regresou da súa convocatoria coa selección galega Sub20 cun meritorio 6º posto por equipos no Campionato Nacional de campo a través en Ortuella (Biscaia). Ainoa asinou unha excelente carreira, nun circuito enlamado e de moita dureza, entrando no posto 17º da clasificación xeral feminina Sub20, segunda do combinado galego.

Na fin de semana de citas deportivas tamén houbo representación compostelanista no I Trofeo Laranxa de Atletismo en Pista Cuberta de Ourense. Santi Dapena foi 6º da súa serie nos 400m (57.05) e 1º da correspondente final nos 200m (25.26). Cristian Danis, en 800m, foi 3º da serie (2:14:20). Cielos Caderno realizou unha magnífica carreira nos 60m en que foi 1º da serie con 8.74, e posteriormente 4ª nos 200m (29.34).

En canto ás probas pola montaña, dúas das nosas rapazas, participaron no Trail Costa Doce de Sada, na modalidade curta con 14 quilómetros e 480m de desnivel positivo e 570m negativo. Paula Esteiro alzouse coa vitoria absoluta nun tempo de 1:33:58, seguida por Lucía Rodríguez que foi 4º absoluta (2º VET) parando o crono en 1:36:58.

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica novembro 23/24 Vilagarcía, Ferrol e máis

Crónica novembro 23/24 Vilagarcía, Ferrol e máis

O campionato galego de medio maratón celebrado en Vilagarcía encumbra ao equipo feminino da SD Compostela Atletismo como CAMPIÓN DE GALICIA POR CLUBS. Éxito colectivo para a nosa entidade na xornada festiva do domingo en Vilagarcía, que tivo un convidado inesperado e...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.