Disputouse a fase provincial de campo a través Xogade en Sada, nun día frío de inicio pero soleado, no que a medida que foron avanzando as carreiras subiron as temperaturas en todos os sentidos, desenvolto no complexo escolar de Mondego, donde agardamos que pronto poidan contar tamén con un módulo cuberto para a práctica atlética, circuito entretido, con costas, curvas de todo tipo e incluso un charco donde algúns se puideron refrescar entre auga e barro.
Nesta ocasión foron 16 os atletas que puideron participar nesta proba, baixas de distinto tipo imposibilitaron a opción de formar equipos que estaban clasificados para esta proba.
En Cadetes masculino tivemos a Iván Casas do filial Tambre e ao noso Iago Mateos en terceiro e sétimo lugar respectivamente, con Iago Fernández no posto 35º, por equipos foron 4º clasificados.
Vitoria para Paula Fernández en cadete feminino, que leva 3 de 3 nestes campionatos escolares.
En Infantil tivemos a Clara López no posto 38º na proba de máis participación con case 100 nenas e a Gonzálo Pérez no posto 22º nunha gran carreira despois de 1 mes de baixa deportiva.
En alevín correron Alejandro Moreira que fixo posto 32º e o equipo feminino composto por Vega Pérez no 7º posto, Matilda Barata 27º, Enma Dapena 32º, Maria Lago e Uxía Muñoz no 62º e 63º. Tamén tivemos as benxamins femininas Daniela Gil e Lucía Lago nos postos 21º e 44º, e nos rapaces contamos con Alex Pena e Xan Vilas que foron 14º e 22º.
Nesta mesma xornada pero na proba popular tivemos gañando a carreira de sub8 a Xeila Mateos e tamén gañando na súa categoría a nosa Máster Lucía Rodríguez.
Próxima parada para todos os clasificados, campionato de Galicia na Pobra do Caramiñal o vindeiro 4 de Marzo.
Xa vai pola súa XV edición a Media Maratón Coruña, C21. Como non podía ser doutra maneira, entre os máis de 3.000 atletas que se deron cita na cidade herculina, estiveron algúns atletas representando as cores da Esedé. Javier De Dios foi o primeiro dos nosos en atravesar a meta e fíxoo entre os 30 primeiros clasificados. Javi, que chegaba con moitas ganas logo das sensacións agridoces de Padrón10K, completou ou 21,097 kms en nada menos que 1:13:55, en 23 posición da xeral e 13 atleta senior. Por detrás de Javi tivemos a José Antonio Gontán (37) que chegou en nada menos que 1:17:21 e recibíu premiación como 3º Máster4. Tamén recibíu acreditación como 2º da súa categoría, Máster5, o noso Fernando González con 1:20:34. Outro dos atletas composteláns na Coruña, Juan Carlos Raviña (130) realizou unha excelente carreira con 1:23:02 e Pedro Pazos (297) completou a media por debaixo da hora e media,1:29:17.
Ademais destas dúas citas galegas, esta fin de semana tamén tivemos atletas na Copa de España de Mushing Tierra en Villamanta, con Julia Salvado e Valerie Batire; Alejandro Montero asistíu ao Campionato de España de Deporte Adaptado en Santander e Cristian Muiño e Julia Vaquero participaron no Clasificatorio para o Nacional de Duatlon de media distancia.
0 comentarios