Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Últimos Eventos

por | Ago 12, 2021

Como vistes en entradas anteriores, Xullo comezou forte, os nosos enfrontaronse a un reto a altura de moi poucos, a TSFarosProyect, e cumpliron de sobra! En 20h e 41 minutos, cinco atletas do SD Compostela Atletismo converteronse no primeiro equipo capaz de completar este ultra! Temos un apartado especifico na páxina donde podedes ver máis por miudo todos os detalles así como as entrevistas aos protagonistas. Parabéns rapaces!

Pois si, os nosos atletas acadaron o reto do camiño dos faros 👏💙🤍

Pero tamén tivemos pista, e neste caso no Campionato de Galicia Sub 18 e Sub16 acadamos nada menos que dous títulos de campións Galegos.

🥇Ainoa Gontán campioa Galega 3000 sub18

🥇 Yago Iglesias campión Galego 3000 sub16

🥈 Javier De Dios 2°senior en Leiro.

🔥 5° posto Gonzalo Cao, moi preto dos metais nos 3000 sub18.

💙 Moi boa colleita esa fin de semana. 🤍

O seguinte fin de semana foron varios os que quixeron poñer un dorsal para competir:

– 🥈Damián Espasandín foi segundo en categoría élite nunha proba de 10km OCR en Canarias. 
– 🥉Paula Esteiro foi terceira élite na mesma proba.
– 🥇Jordi Carrasco participaría nos 5k de Ribeira sendo o gañador absoluto cun tempo de 16’18»

Tamén tivemos o Domingo na carreira da diversidade de Riveira outros atletas con grandes resultados: 

– 🥉Shaila Muñiz foi 3ª absoluta con 21’12»

– 🎆Nuria Mejuto foi 7ª femenina con 23’04» 

– 🎇Jose Ramón Ruanova foi 37º con 22’55» 

– 🎉Fran Méndez foi 18º con 19:34

O día anterior en Noia disputouse un control de marcas donde Yago participaría nos 1000 metros sendo segundo con💪 2’47» e Pedro Pazos nos 400 faría MMP con 💥 1:02.03 sendo sendo 4º clasificado da súa serie.

🚴 Tampouco os nosos se quixeron perder o evento do Gran Fondo Ézaro🚴 donde tivemos unha gran representación;
con🏆 Barca Toba como resultado máis destacado obtendo a Victoria no medio fondo 🏆
Tamén estiveron Gonzalo Pampín, Fran Espiño, Antón Ruanova, Cristian Muiño, José Figueiras

Tamén pechamos a temporada ao GRANDE !! Xa que remataron os campionatos de aire libre, e que mellor xeito de facelo que obtendo a participación de 3️⃣ atletas no Cpto de Galicia Absoluto!

O broche de ouro puxemolo disfrutando dunha xornada atlética por fin con público nas gradas de Balaídos. 
Os resultados non foron os agardados🤷 pero pechan uns meses de grandes éxitos, porque estar presentes nun campionato absoluto xa foi toda unha honra. ✌️

👣O reto do camiño dos faros pasou factura a Damián que aínda con todo quedou moi preto da sua mellor marca nos 400 metros, rexistrando 55.60
👣Máis factura lle pasou a Amador que estivo moi lonxe do seu mellor rexistro, marcando nos 800 un 2.06 co que pecha esta temporada.
🤕Nuno Costa partía entre os favoritos para a victoria nos 5000 pero problemas físicos deixárono fora de combate a falta de 2000 metros. 
🔝Por outra banda, Yago tivo unha excelente actuación no campionato de España en Lleida, moi preto dos seus mellores rexistros, nunha carreira marcada por contínuos traspés, golpes e incluso caídas, quedando eliminado nas semifinais do Sábado. 
Primeira experiencia aprendendo moito nunha competición nacional.

En temporada estival tampouco paramos !! E o 31 de Xullo, na nocturna de Vilagarcía sobre 10k escasos tivemos a:

⏱️ Jordi Carrasco, que foi 2° absoluto. 33’29»
⏱️ Juan Luis Botana, 79° con 42’05»
⏱️ Jose Sandá, 18° con 35’56»
⏱️ Nuria Mejuto, 9° Muller, 2° senior. 49’03»
⏱️ Juan Botana, 112° con 48’11»
⏱️ Gerardo Cachafeiro, 25° con 37’53»
⏱️ Jesús Cabo, 132° con 57’19»

E tamén en Burela 🐟 tivemos sobre os 5k a ⏱️ Sindo González no posto 18° con 17’45»

💙🤍 Seguimos a disfrutar do deporte💙🤍

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

TS Faros Proyect

“The Speed Project” é unha carreira de relevos non oficial de 550k que se disputa en América e que vai dende Los Ángeles (California) ata las Vegas (Nevada). Esta carreira correse en relevos por equipos formados por seis corredores que se turnan para completar todo o...

COMUNICADO DA SD COMPOSTELA ATLETISMO

COMUNICADO DA SD COMPOSTELA ATLETISMO

Ante as informacións aparecidas nos medios de comunicación e publicada pola federación Portuguesa de atletismo onde se informa dunha sanción de 4 anos por consumo de cocaína do noso atleta Nuno Costa, queremos deixar claro que: 1 — Nuno Costa pasa un de tantos...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.