Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

a
M

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Eventos Xuño

por | Jun 28, 2021

Está rematando outro mes e os eventos deportivos cada día van volvendo a normalidade

Comezamos Xuño con un MARCÓN do noso atleta Jordi Carrasco. O sábado 5 acadaba MMP na Media Maratón de Granollers, con 3000 participantes, 1h12’45»

E o Domingo tivemos en Madrid a Elena e Lara copando postos de podium nunha proba de 7kms marcada polas altas temperaturas!

Xa na terriña as cativas, Daniela e Claudia, participaron o Sábado no pequetrail de Vilatuxe e deron paso ao noso participante absoluto, Javier que obtivo unha relucente sexta posición, aínda que condicionado a saír nos últimos grupos co handicap de ter que adiantar a numerosos atletas que o precedían

O seguinte foi un gran fin de semana con numerosa participación do Compos, coa Milla Portas de Compostela como evento estrela!

A noite do Sábado tivemos en Nigrán 4 atletas que obtiveron magníficos resultados nas distancias de 5 e 10km da V nocturna H2K

💙 Nuria Mejuto foi sexta clasificada femenina con 24’16»
💙 Javier Prado obtivo o posto 47 absoluto con 24’06»
💙 Javier De Dios foi segundo absoluto con 16’39»
💙 Jordi Carrasco foi terceiro absoluto na proba de 10k con 34’12»

Como é habitual, tamén tivemos algún atleta no monte, neste caso estiveron no XTOSINTRAIL a Jorge Castro no posto 54 absoluto e a Silvia Fernández no 17 feminino

Xa o Domingo tivemos a proba estrela da finde, despois de moito tempo, voltabamos as rúas de Compostela para participar no Campionato de Galicia de Milla e 1km para menores, no evento III Portas de Compostela, carreira desputada entre a Senra ( Porta Faxeira ) e a Porta de Mazarelos, na cal tivemos unha gran representación, destacando os podiums de Iago Iglesias que foi terceiro en Sub16 con 2’56», a Amador Pena, segundo en M40 e a Jose Sandá que foi Campión de Galicia en M35

Tamén tivemos destacadas actuacións moi preto de podium e melloras en marcas persoais:

💙 Manuel Castiñeiras foi 5º en M40 con 5’20
💙 Antonio Vázquez 4º en M50 con 5’21
💙 Emilio Garcia 7º en M45 con 5’29
💙 Gerardo Cachafeiro 11º Senior con 5’42
💙 Juan Alvarellos 10º M40 con 5’54
💙 Juan Luis Botana 12º M40 con 6’01
💙 Roi García 12º M40 con 6’30
💙 Juan Botana 4º en M65 con 6’58
💙 Xavier Rozados 13º senior con 6’58
💙 Bartolomé Balsa 11º M45 con 7’16»
💙 Ivan Abeledo foi baixa por molestias de última hora. 

Nos cativos, ademáis da medalla de Iago, tivemos tamén unha estupenda participación: 

💙 Eric Iglesias 
💙 Antón Monteagudo
💙 Clara López
💙 Africa Gil 
💙 Lucía Taboada
💙 Marcos Barcala que tamén estivo a tarde anterior axudando ao Millaraio nos 2000 Marcha
💙 Paula Fernández 4º posto con 3’23»
💙 Diego Muñiz 18º con 3’47»
💙 Ian Torres 18º con 3’43» 

O fin de semana do 19 e 20 tampouco paramos, os máis cativos estiveron o Domingo na vila de Noia para disputar o campionato de Galicia de aire libre Sub 12 e os máis veteráns estiveron en Málaga

A de Noia foi unha xornada marcada polo mal tempo na que os cativos tiveron que correr incluso baixo o granizo 

💙 Marcos Barcala participou na proba de 1000 metros cun bo rexistro e sendo terceiro clasificado da súa serie. 
💙 Lucía Taboada, Clara López e Africa Gil tamén participaron nos 1000 metros con fantásticos rexistros. 

Foi un ano complicado para os cativos, en donde moitos dos nosos atletiñas intentaron participar cada fin de semana nas probas e campionatos existentes para divertirse, desprazándose para elo incluso ao Barco de Valdeorras. Pero a escasez de instalacións axeitadas solo nos permitía participar con 3 atletas neste campionato

Xa con distinta temperatura, participaron en Málaga os nosos atletas clasificados para o campionato de España Máster, se xa estar presentes era un premio meritorio, os nosos deixaron pegada da sua participación na moderna pista Andaluza

💙 Damián Espasandín participou o Sábado nos 400 metros, nunha xornada marcada polo vento en contrameta, estivo preto da súa mellor marca para entrar terceiro na serie B. 

💙 Amador Pena tomou partida nos 800, participaba na serie A con idea de mellorar a súa marca, a proba realentizouse no paso polos 200 e decidiu atacar, pagandoo nos últimos metros e lonxe da sua mellor marca. 

Primeira participación do noso equipo nun campionato de España que abofé será o primeiro de moitos

Este último fin de semana tivemos a Paula Fernández en Vigo quedando subcampiona de Galicia 1000 Obstáculos con 3’39»

E o Domingo en Fieiteira, Ribeira, nova mellora de marca para Yago, nada menos que 8 carreiras de 600 metros seguidas mellorando o seu rexistro dende fai pouco máis dun ano

Como vedes, non paramos e xa estamos preparados para comezar Xullo, e co mes novo veñen competicións e retos novos. Comeza o próximo fin de semana cun reto a altura de moi poucos

The Speed Project estase a cocer na Costa da Morte!

Non sabedes de qué estamos falando? Tedes toda a información aquí Estade atentos/as as nosas redes sociais para non perder ao minuto todas as noticias desta grande aventura!

Redactado por Nuria Mejuto

Otros contenidos de la misma autora

TS Faros Proyect

“The Speed Project” é unha carreira de relevos non oficial de 550k que se disputa en América e que vai dende Los Ángeles (California) ata las Vegas (Nevada). Esta carreira correse en relevos por equipos formados por seis corredores que se turnan para completar todo o...

COMUNICADO DA SD COMPOSTELA ATLETISMO

COMUNICADO DA SD COMPOSTELA ATLETISMO

Ante as informacións aparecidas nos medios de comunicación e publicada pola federación Portuguesa de atletismo onde se informa dunha sanción de 4 anos por consumo de cocaína do noso atleta Nuno Costa, queremos deixar claro que: 1 — Nuno Costa pasa un de tantos...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.