Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Xuño 23/24/25 San Xoán, Barbanza e máis

por | Jun 27, 2023

As cores da SD Compostela Atletismo, presentes no tartán de Pereiro de Aguiar e nos montes do Barbanza

As novas xeracións da Sociedade Deportiva Compostela Atletismo veñen moi fortes. Alex Pena e Daniela Gil foron os representantes do club no Campionato de Galicia Sub10 e Sub12 en Pereiro de Aguiar. Xunto con outros moitos cativos e cativas de todas as escolas de atletismo galegas os atletas composteláns amosaron o moito que desfrutan co noso deporte nunha xornada de deporte e ocio sobre o tartán ao aire libre. Alex participou nos 1.000m Sub10 (3:38.47) e Daniela estivo nos 50m (8.82).

Na noite meiga de San Xoán, celebrouse en Vigo a tradicional “Carreira Nocturna”. Alí tivemos a Sindo Gonzalez e Joaquín Sangiovanni que celebraron un final de carreira con pan e sardiñas.

O noso Xosé María Rodriguez foi un dos protagonistas da proba dos 100 quilómetros que percorre os 7 concellos da comarca do Barbanza pois entrou na meta como segundo clasificado cun tempo de 11:27:39. Xosé María tomou parte desta dura proba xunto con outros 300 corredores, cun total de 2.600 metros de subida acumulada e cunha marxe de 24 horas para completala.

Atopámonos a piques de entrar nos meses de verán. Canda eles chegarán unha chea de probas por toda a xeografía galega na que continuaremos gozando da marabillosa sensación de correr, de practicar deporte ao aire libre e de compartir un estilo de vida saudable cos compañeiros e amigos. É por iso que queremos agradecer o seu apoio aos patrocinadores e colaboradores que nos axudan a seguir medrando como entidade deportiva e que comparten con nós a paixón por este deporte, no que cada vez somos máis atletas, máis afeccionados e máis seareiros. Grazas a todos eles por coller a nosa mán nesta carreira de fondo.

Vémonos nas próximas carreiras por Begonte, Leiro, Santiago e moito máis!

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica Xaneiro 17/18

Crónica Xaneiro 17/18

Crónica da fin de semana – O Compos non para! A SD Compostela Atletismo volveu estar moi presente esta fin de semana en diferentes probas por toda a xeografía, demostrando unha vez máis a variedade e o nivel dos nosos atletas en ruta, pista e trail. 🏃‍♂️ Carreira...

Crónica Xaneiro 3/4 e 10/11

Crónica Xaneiro 3/4 e 10/11

Crónica das últimas semanas – Moito movemento do Compos por toda Galicia e máis alá Entre o Nadal, as presentacións e o inicio do novo ano, acumuláronse moitas competicións e actuacións destacadas dos nosos atletas. Aquí vai un resumo do moito e bo que fixeron as...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.