Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Xullo 1/2 Begonte, Cee, Leiro e máis

por | Jul 4, 2023

Cando de facer equipo se trata, os nosos atletas non o dubidan. Desta volta desprazámonos ata Begonte (Lugo) e Leiro (Ourense) e gozamos de dúas magníficas xornadas de convivencia deportiva.

No entorno privilexiado do río Ladra ao seu paso por Begonte, os nosos atletas celebraron un importante triplete por equipos: 1º equipo masculino, 1º equipo feminino e trofeo como o equipo máis numeroso da proba. A nivel individual; Amador Pena proclamouse vencedor da carreira e Elena Veres foi 3ª no eido feminino. Os excelentes resultados de José Sandá, Emilio García, Manuel Castiñeiras, Jesús Barral, Joaquín Sangiovanni, Mencía Reborido, María Tarrío, Nuria Mejuto, Pablo Fernández, Malena Amigo e Marta Fernández, do filial Ribadeo Atletismo; levando case todos eles premiación por categorías, foron fundamentais para acadar os éxitos en grupo. Logo de participar da carreira de 7 quilómetros de percorrido, gozamos da paraxe do municipio lucense cun chapuzón revitalizante no río.

O sábado tamén tivemos representación na sétima proba do Circuito Correndo pola Costa da Morte, que se celebrara en horario nocturno na vila de Cee. Amador Pena, que xunto con Manuel Castiñeiras (M45) fixeron doblete no día, foi segundo absoluto seguido de Cristian Muíño que chegou tan só un segundo por detrás. Matías Benito e Juan Luis Botana completaro a lista de atletas branquiazuis na proba dos 10 quilómetros. Na 3K estiveron: Laura Botana, Jose Figueiras e Antía Botana. Iago Mateos non perdeu a estela dos dous primeiros clasificados na proba Sub14/16/18 para ser 3º na xeral, levando a vitoria da súa respectiva categoría (Sub16), e Xeila Mateos participou da proba para os máis cativos.

A 3ª Carreira Guerreira celebrada en Santiago de Compostela polos nenos e nenas con epilepsia e enfermidades raras, contou coa participación de varias atletas da Esedé: Lucía Piñeiro e Paco Pena, en Absoluta e de Niko Costoya e Simón Fandiño na proba de Escolares.

A Carreira Popular de Leiro centrou a atención dos nosos atletas na mañá do domingo. Ata a área recreativa do Salgueiral desprazáronse: Amador Pena, Alejandro Montero, José Sandá, Sindo González, Manuel Castiñeiras, Fernando Paz e Laureano Varela que, acompañados polos atletas Jose Suárez e Tina Fernández, acadaron o segundo posto por equipos, ademais de diferentes premios por categorías.

En Lalín, a nosa Sílvia Fernández levou a vitoria na II Carreira e Andaina Solidaria polo Dano Cerebral. E no Trail CxM Vila de Cuntis, Julia Salvado foi a 2ª muller en atravesar a liña de meta na proba dos 14 quilómetros, 1ª da categoría Xuvenil. Roberto Salvado, na mesma distancia, acadou a 6ª posición xeral.

No Control de Marcas da FGA celebrado en A Pobra do Caramiñal, Paula Fernández asinou un tempazo de 2:29 en 800m, gañando a súa serie.

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica Febreiro 1/2 Pontecesures e máis

Crónica Febreiro 1/2 Pontecesures e máis

Outra das citas deportivas da xornada tivo lugar na vila de Pontecesures. A tradicional cita solidaria, con proba de 8 e 4 quilómetros tinguiuse de branquiazul na categoría feminina coa vitoria de Nuria Mejuto na carreira curta. Tamén puidemos celebrar as premiacións...

Campionato de Galicia Máster Pista Curta

Campionato de Galicia Máster Pista Curta

Choiva de metais para a SD a Compostela Atletismo O Campionato de Galicia Master de "Short Track" ou Pista Curta, celebrada en Ourense a pasada fin de semana, deparou unha chea de éxitos para a nosa entidade. Da man dun numeroso grupo de atletas, a Esedé brilou en...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.