Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Xullo 8/9 Oroso, Lugo e máis

por | Jul 11, 2023

José Sandá celebrou un gran terceiro posto en terras de Oroso nunha das probas de maior expectación desta fin de semana.

A Media Maratón e 10Q Camiño Inglés celebrada na mañá do domingo contou con ampla representación compostelanista deixando pegada en cada unha das probas celebradas durante a xornada. O máis rápido do noso club na proba dos 10Q foi José Sandá, atravesando a liña de meta en nada menos que 35:32 e sendo 3 da clasificación xeral. Juan José Alvarellos, Juan Luis Botana, María Maroñas e Jesús Manuel Baña completaron a lista de corredores na proba curta.
Nos esixentes 21 quilómetros contamos con: Antonio Vázquez, Jesús Barral, Manuel Castiñeiras e Juan Luis Amigo.
Destacados papeis dos nosos cativos nas probas curtas, con vitoria de Lucía Taboada e un gran segundo posto de Iago Mateos.

En terras de Lugo tivemos a Marcelo Lanza, cubrindo o Trail da Vía Küning entre Baralla e O Corgo en cuarta posición xeral e 1o Máster1; logo de ter participado na tarde do venres nos 5K do Trofeo da Virxe Peregrina en Pontevedra (17:02). Tamén o noso Jose Antonio Pose estivo no Centro Galego de Tecnificación, concretamente na proba lonxitude (3.83).

Para completar a xornada deportiva tivemos a Jose Carlos Casal nunha 10K polas rúas londinenses, visibilizando o escudo da Esedé no ámbito internacional.

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica Abril 18/19 Laredo, Moaña e máis

Crónica Abril 18/19 Laredo, Moaña e máis

Fin de semana de grandes probas, trail e moita presenza do Compos A SD Compostela Atletismo volveu ter unha fin de semana moi activa, con presenza en probas de nivel dentro e fóra de Galicia, combinando ruta, trail e base. 10K Villa de Laredo Unha das probas máis...

Crónica Abril 11/12 Vimianzo, Toques e máis

Crónica Abril 11/12 Vimianzo, Toques e máis

Carreira Popular Concello de Vimianzo Gran actuación do Compos nesta proba, con numerosos podios en ambas distancias. 10K 🥉 Jaci Mello – 3ª absoluta🥇 Alberto Pardo – 1º M1🥇 Martina López – 1ª Sub20 Tamén participaron: Manu Costa Josito Fernández Manu Castiñeiras 3K 🥇...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *