Crónica Xullo 15/16 Pontevedra, Muxía, Laracha e máis
por Nuria Mejuto | Jul 20, 2023
De cheo en plenas festas de verán, e no Compos celebramolo como máis nos gusta facelo, competindo!
A pasada semana comezou coa VIII Festa do atletismo Galego disputada en Pontevedra o mércores, nesta xornada participou o noso atleta Iago Mateos debutando na distancia de mil metros conseguido un magnífico tempo de 2’53»
Tamén estivo Cielos Caderno en Salto de lonxitudes cun magnífico salto de 4.34, Cielos tamén participou, a modo festa, no relevos 2×200 unha proba especial e divertida.
MAIS FESTA EN MUXIA
Rematada esta 8ª festa de atletismo! O número oito foi o protagonista xa que era a oitava carreira do circuito Costa da Morte, oitava edición da carreira de Muxía, e na cal participaron oito dos nosos atletas masculinos quedando na seguinte orde:
Jose Sandá, 4º moi preto de Amador pena, 5º, chegando os dous nun apretadísimo sprint que levantou emocións no público alí presente, os dous compartiron podio en categoría Máster, por detrás chegaron Manu Castiñeiras, Antonio Carneiro, Joaquín Sangiovanni, Matías Benito, Laureano Varela (co dorsal 88).
Tamén participou nesta oitava edición Iago Mateos, que resultou ganador da categoría Sub16 afianzando así a súa vitoria neste circuíto de carreiras populares.
No apartado feminino, Elena Veres acadou o terceiro posto absoluto e primeiro senior. Por detrás chegaron María Tarrío na 8ª posición, Nuria Mejuto na 10ª, e tamén con podio en categoría senior, María Maroñas no posto 34º e Malena Amigo no 36º.
DOMINGO, MAIS FESTA !
Ao día seguinte moitos quixeron repetir carreira, e alá foron a unha proba moi chula na Laracha, en Adro de Vilaño, na VI Carreira Popular do Apóstolo. Deste xeito, os do Compostela non podían faltar, tanto así que fomos o equipo máis numeroso e por elo fomos recoñecidos, algo teñen que ver os pinchos finais, a piscina de xeo e a retranca dos speakers, vídeos, fotos etc… Grazas !
Amador foi quen de correr máis rápido que nunca nesta dura proba, por debaixo dos 34 minutos, en parte debido ao forte ritmo imposto de inicio por Fran Pais, xa que por diante pronto escaparon o marroquí afincado en Arzúa, Bouchaib Nasr, e o arxentino Facundo Medard, que romperon o récord da proba.
Amador acadou o 3º posto absoluto, mesma posición para Elena Veres, detrás dunha intratable Tina Fernández e de Nati García.
Tamén tivemos a Manu Castiñeiras no posto 30º, Alvarellos no 40º, Maria Tarrío foi 5ª e podio Máster B. Detrás chegaron xuntos Joaquín Sangiovanni, Antonio Carneiro, Nuria Mejuto (con podio como 2ª senior) e Laureano Varela. E finalizando tivemos a María Maroñas 24ª e Malena Amigo 25ª.
En categorías menores, Alex pena celebraba o seu, como non! 8º aniversario, cun segundo posto sub10. Xeila Mateos competía coas máis cativas e Iago Mateos repetía vitoria igual que en Muxía nos sub16.
Lucía Taboada foi 2ª sub14 e 3ª absoluta na sua carreira.
Nova fin de semana para enmarcar dos nosos atletas.
Seguimos sumando e disfrutando experiencias deportivas e humanas.
0 comentarios