Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Xullo 22/23 Barreiros e Irlanda

por | Jul 28, 2023

ÉXITO IMPARABLE PARA AS NOSAS ATLETAS!!
Julia Salvado e Paula Fernández destacaron a pasada fin de semana.
Tivemos poucas competicións, entre outras cousas, debido as eleccións xerais, pero aínda con esas tivemos competición.
Ata o Monte Comado en Barreiros, desprazáronse Julia e Roberto Salvado, para participar na IX CARREIRA MONTE COMADO «1/2 KM VERTICAL»
Julia foi 4ª absoluta nesta dura proba e nunha mañá pouco apracible a nivel meteorolóxico, sendo ademais 3ª da categoría Senior.
Rober acadaría a posición 14º sendo 8º Vet A, subindo ata máis de 470 metros nunha poboación costeira.
E tamén na costa tivemos outra participación, correndo pola praia nesta ocasión en Irlanda.
Paula Fernández foi a campioa absoluta sobre os 10k THE BRANDON BAY RUN disputada sobre a area da praia, unha carreira que se percorre completamente na praia de area dourada e se estende arredor de Brandon Bay dende Fahamore en Maharees, ata o punto Fermoyle, debaixo do Monte Brandon.
Cabe destacar que Paula foi gañadora absoluta en mulleres, pero na clasificación xeral foi segunda absoluta entre máis de 700 participantes, tan so por detrás do gañador absoluto Pedro Macgovern. ¡Cando as carreiras gañan en dureza, a nosa Paula saca todo o seu potencial, correndo neste caso en menos de 40 minutos polas areas irlandesas!
Esta finde xa retomamos o ritmo habitual e a xeografía galega contará con atletas do SD Compostela Atletismo en distintas probas.
Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica Xaneiro 17/18

Crónica Xaneiro 17/18

Crónica da fin de semana – O Compos non para! A SD Compostela Atletismo volveu estar moi presente esta fin de semana en diferentes probas por toda a xeografía, demostrando unha vez máis a variedade e o nivel dos nosos atletas en ruta, pista e trail. 🏃‍♂️ Carreira...

Crónica Xaneiro 3/4 e 10/11

Crónica Xaneiro 3/4 e 10/11

Crónica das últimas semanas – Moito movemento do Compos por toda Galicia e máis alá Entre o Nadal, as presentacións e o inicio do novo ano, acumuláronse moitas competicións e actuacións destacadas dos nosos atletas. Aquí vai un resumo do moito e bo que fixeron as...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.