A vila de Sobrado acolleu unha nova edición do Corre Troita, proba que se inclúe nos eventos das festas desta poboación Coruñesa, con epicentro no Mosteiro de Santa María.
Comezarían as probas de menores, con Iago Mateos acadando unha nova vitoria na proba combinada de sub14/16, un Iago que segue en contínua progresión no mundo do atletismo.
A continuación tivemos as probas máis trepidantes, cos Sub10 da man de Daniela Gil e Alex Pena, ambos en postos de podium como xa é habitual, e remataron as categorías dos máis cativos coas troitiñas, donde Xeila Mateos puxo emoción para gañar nos últimos metros !!
Pasadas as 19:00 arrancaría a proba absoluta, con dúas voltas de case 4km cada unha, primeira volta cun numeroso grupo en cabeza, o cal se comezaría a estirar a partir do km 3 cando Nico Domínguez aumentou o ritmo levando con el a Iván Fernández e ao noso Amador Pena, que tras pasar a liña de meta tensou a corda e se quedou en cabeza cuns metros de vantaxe adquiridos na longa baixada de terra do primeiro km de cada volta, o corredor do Rías Baixas, especialista en medio fondo, contactou con Amador na subida máis dura, e foron man a man ata o último km donde os dous habituais de probas en pista de medio fondo, exprimiron os seus cartuchos nun apaixoante final que caiu do lado do noso atleta un ano máis, i é que cabe resinar que Amador xa gañara tamén a primeira edición desta carreira nada menos que fai 8 anos, e como anécdota curiosa, fixérao coas mesmas zapatillas que utilizou o pasado Sábado.
No eido feminino Mónica Cabello non daría opción ao resto de participantes, a atleta de San Sebastían de los Reyes que adoita participar nestas probas durante os meses de Agosto, impuxo a súa superioridade, coa nosa Elena Veres salvando os mobles de xeito maxistral nun día donde as sensacións non foron as mellores, e con todo acadando un estupendo terceiro posto absoluto 3ª, moi preto dela chegaría noutro gran resultado a nosa María Tarrío, que segue a facer unha gran tempada en cada carreira na que participa, nesta ocasión 4ª que lle serviu para ser primera de categoría, acompañada no podium por outra das nosas, Fini Riber que acostumada a distancias máis longas, fixo un magnífico papel.
Na clasificación xeral tivemos outra chea de atletas nas primeiras posicións, o cal faría copar moitos podiums, Sandá coma sempre entre os primeiros dento do Top Ten, con Antonio Vázquez tamén gañando a súa categoría ao igual que Gonzalo Cao, preto del chegou Dani García e a continuación Laureano Varela.
Fin de festa con tortilla + empanada tras recibir de inicio unha boa bolsa do corredor para un importe de 5€ por participar nesta proba da que nos fumos exitosos e fachendosos un ano máis.
No día de Santa María, a vila de Cambre celebrou a súa Carreira Popular Concello de Cambre que xa vai pola súa 33ª edición. Alí tivemos de novo a Iago Mateos, repetindo no podio como 2º Sub16; Elena Veres, como 3ª Senior e 5ª muller en entrar na meta; Cristian Danis (16) que chegou entre os 20 atletas máis rápidos en Cambre e Fini Riber, asinando unha magnífica 7ª posición Máster2. Tamén Xeila Mateos participou da proba para os atletas máis novos nesta xornada festiva da vila coruñesa, unha proba que segue a ser gratuita como parte da promoción dunha vida saúdable por parte do concello.
E tamén tivemos Trail, con Valeria Batire representando as cores azul e branca no V asaltamontes trail en Xunqueira de Ambía, subindo novamente ao máis alto do podio na súa categoría.
Facer deporte ao aire libre é un luxo nos meses de verán e por iso aproveitamos o bo tempo para continuar coa nosa preparación de cara ás vindeiras probas que porán punto final ao mes de Agosto, como será o campionato de Galicia de milla en ruta en Lourenzá ou a Carreira Popular de A Pobra do Caramiñal xunto a xa tamén clásica milla e dobre milla de Cambados ou a de Sanxenxo.
0 comentarios