Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Xaneiro 11/12 Castro de Rei, Ferrol e máis

por | Ene 16, 2025

De Lugo a Ferrol, pasando por Aguiño, a Esedé estivo presente en diversas citas deportivas a pasada fin de semana.
Un numeroso grupo de atletas compostelanistas, tanto adultos coma cativos, desprazàronse ata o concello lucense de Castro de Rei con ganas de probarse nunha distancia esixente como son os case 15 quilómetros que compoñen a proba absoluta. Nunha mañá xélida e coa néboa mesta típica da Terra Cha; David Martínez, Nuria Mejuto (1a Senior) , Laureano Varela, Juan Alvarellos, Carmen Otero, Andrea Cores, Marta Fernández, Emilio Fernández y Carmen del Río (2a MasterC) completaron a proba con grande mérito. A nosa atleta en idade escolar Xeila Mateos participou das carreira para atletas “promoción”.

Outra das citas emblemáticas do mes de Xaneiro, a San Xiao de Ferrol, tamén centrou a atención dos nosos. Alí tivemos a José Suárez, levando o premio como vencedor da categoria Master D. A nosa Conce Noya tamén cubríu a a proba dos 10 quilómetros atravesando as rúas da zona emblemática ferrolá.

Máis pretiño da casa, tivemos a Martina López representando á SD Compostela Atletismo na Milla Heroínas de Sálvora. A nosa atleta Sub16 acadou un magnífico terceiro posto da categoria.

E para rematar a fin de semana, Martina Gestal estivo no trail de Rois, quedando cuarta xeral e primeira de categoria.

Seguimos avanzando!

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica Abril 18/19 Laredo, Moaña e máis

Crónica Abril 18/19 Laredo, Moaña e máis

Fin de semana de grandes probas, trail e moita presenza do Compos A SD Compostela Atletismo volveu ter unha fin de semana moi activa, con presenza en probas de nivel dentro e fóra de Galicia, combinando ruta, trail e base. 10K Villa de Laredo Unha das probas máis...

Crónica Abril 11/12 Vimianzo, Toques e máis

Crónica Abril 11/12 Vimianzo, Toques e máis

Carreira Popular Concello de Vimianzo Gran actuación do Compos nesta proba, con numerosos podios en ambas distancias. 10K 🥉 Jaci Mello – 3ª absoluta🥇 Alberto Pardo – 1º M1🥇 Martina López – 1ª Sub20 Tamén participaron: Manu Costa Josito Fernández Manu Castiñeiras 3K 🥇...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *