Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica outubro 26/27 Compostela, Valencia e máis

por | Oct 29, 2024

¡A ESEDÉ fíxose grande na casa!

Máis de medio centenar de atletas compostelanistas participaron e gozaron do día grande do atletismo en Santiago de Compostela. Como non podía ser doutra maneira, entre os 3.400 participantes da xa histórica carreira, as atletas branquiazuis formaron parte da xornada deportiva e festiva polas rúas da cidade.

Xa os días previos, tanto sábado como domingo, varios dos nosos atletas estiveron axudando a repartir os dorsais. Gracias a todos eles, se non fora polos voluntarios, as carreiras que tanto nos gustan, non serian posibles.

O domingo, a SD Compostela brilou con luz propia na 45 edición da carreira máis fermosa da comunidade galega. Tanto polos atletas que lograron colocarse entre os máis veloces da proba; coma polos que correron en grupo axudando e empurrando a outros compañeiros, coma pola nosa rapazada; que afrontou a subida de Vite con plena confianza e determinación. Todos e todas as nosas foron merecedores de cada palabra de ánimo e alento que a veciñanza compostelá transmitiu en cada quilómetro do percorrido. Un ano máis, a nosa ben querida Carreira Pedestre de Santiago de Compostela permitiunos disfrutar dun domingo de ocio saudable e de deporte entre amigos, familiares e veciños.

Como broche de ouro á xornada deportiva, puidemos celebrar as premiacións por categorías de: José Suárez Leis, Carmen del Río, Ainoa Gontán e Lucía Codesido.

Na emblemática Media Maratón de Valencia Trinidad Alfonso Zurich, tamén tivemos representación da man de David Martínez parando o crono en 1h21´17″.

E un pouquiño máis lonxe, en terras alemás, tamén estiveron as nosas coras con Juan Carlos Casal, na Mainova Frankfurt Marathon. Juan Carlos fixo os 42,195km en 2h44´33″.

Parabéns a todos e todas! Seguimos!

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica Febreiro Campionato de España 10k Máster

Crónica Febreiro Campionato de España 10k Máster

Histórico Campionato de España Máster 10K en Ibiza para o Compos A SD Compostela Atletismo viviu unha fin de semana inesquecible no Campionato de España Máster 10K celebrado en Ibiza, cunha actuación colectiva espectacular e varios resultados históricos para o club. 🥇...

Crónica Febreiro 7/8 Padrón, Ourense e máis

Crónica Febreiro 7/8 Padrón, Ourense e máis

Fin de semana cheo de actividade e grandes resultados para a SD Compostela Atletismo A SD Compostela Atletismo volveu vivir unha fin de semana intensa, con presenza en ruta, pista curta e trail, demostrando a forza do club en todas as disciplinas. 📍 Carreira Popular...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.