Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica novembro/decembro 30/1 Valencia, Boiro e máis

por | Dic 5, 2024

O circuito de carreiras do Barbanza puxo punto final á edición do 2024 coa carreira popular Mar de Boiro. Como non podía ser doutra maneira, alí puideron verse múltiples camisetas blanquiazuis; coa presencia de Xacobo Crego, José Suárez, Iago Mateos, David Martínez, Fernando Sesar, Francisco Javier Cepeda, Pablo Fernández, Carmen del Río, Loly Gómez e Andrea Cores. Entre os atletas máis novos do noso club, en Boiro tivemos a Xián Martínez, Xeila Mateos e Alexandre Prieto.

O terreo enlamado do Cross de Mondego acolleu o campionato zonal e clasificatorio para o Provincial do programa Xogade. A rapazada da Esedé desprazouse ata Sada para tomar parte da proba clasificatoria e, pese a que as condicións do terreo fixeron da proba aínda máis dificultosa; con cruce de charcos e salpicaduras, os nosos representantes disfrutaron desta xornada deportiva pasada por barro.

Sen dúbida, unha das citas destacadas da xornada, e incluso do mes, e que contou con varios representantes compostelanistas entre as decenas de miles de atletas presentes foi a Maratón de Valencia. 42 quilómetros de esixencia, confianza, sentimientos a flor de piel e de solidaridade cos afectados pola DANA que afectou á Comunidade Valenciana fai un mes, e que cubriron con moito mérito os nosos atletas Segundo Domínguez, Daniel García, María Tarrío e Juan Alvarellos.

En Vigo, na carreira ‘Érguete e corre’, con vistas únicas sobre a ría, o noso Xosé Antón Barreiro participou desta carreira solidaria con récord de corredores.

En pista tamén tivemos representación, e vaia representación, acadando 2 récords galegos de 2000! en M50 femenino e M45 masculino.

Soledad Leiro 6′ 56″
Emilio Garcia 6′ 15″
Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica Xaneiro Cto. Campo a través A Rúa

Crónica Xaneiro Cto. Campo a través A Rúa

O pasado sábado, 4 de xaneiro, celebrouse na Rúa o Campionato Xunta de Galicia de Campo a Través Individual e de Clubs para as categorías absoluta, sub-23, sub-20, sub-18 e sub-16. Foi unha xornada emocionante na que a Sociedade Deportiva Compostela Atletismo estivo...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.