Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica decembro galas 12/13 e carreiras 15/16

por | Dic 19, 2024

A SD Compostela Atletismo vístese de gala!

A piques de rematar o 2024, un ano de grandes éxitos para o noso club, toca botar a vista atrás para asimilar e celebrar toda canta participación dos nosos e as nosas atletas en cada proba deportiva do presente ano. Por cuarto ano consecutivo, e máis aló dos éxitos deportivos, a nosa entidade volveu amosar o seu compromiso co atletismo, o ensino, a saúde e os valores deportivos en xeral.

Moitos dos representantes que luciron o noso escudo por cada recuncho da Comunidade viron o seu esforzo recompensado en forma de premiación en dúas galas: a gala do circuito de carreiras da Costa da Morte e do Circuito Corre San.

En Vimianzo, Tina Fernández levou a distinción como vencedora do circuito na proba 10K e Iago Mateos foi campión da categoría Sub18.

Na nosa cidade, a fin do circuito Corre San deixounos unha premiación feminina con ampla representación compostelanista. Marta Fernández proclamouse campioa absoluta, Andrea Cores e Nuria Mejuto foron premiadas en categoría Senior, Carmen del Río gañou na categoría Máster3 e Silvia Fernández foi tercera da categoría Máster1.
David Martínez e Jesús Barral proclamáronse terceiro Máster1 e segundo Máster3, respectivamente. Entre as nosas cativas; Ainhoa Reboiras e Martina López levaron premios nas súas categorías infantiles.

Mais aínda non rematou o ano e seguimos estando presente en carreiras por toda a xeografía galega.
Alejandro Montero estivo en San Cibrao das Viñas, nunha mañá xélida de domingo na que se celebrou a carreira de Nadal de 10 quilómetros. O noso atleta ourensán realizou unha magnífica participación para 13 da xeral.

Fora de Galicia, en Málaga, tivemos a Pedro Pazos debutando na distancia raiña do atletismo, na Generali Maratón de Málaga. Outro dos nosos, Óscar Buján, viaxou ata Barcelona para participar nunha das probas de maior esixencia: as 24 horas ultrafondo de Barcelona. A súa participación foi máis que exitosa cun segundo posto absoluto nas 6hrs e primeiro M35.

Aínda nos quedan quilómetros por cubrir e carreiras que compartir antes de que remate o ano e alí estaremos disfrutando deste deporte.

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica Maio 9/10 Cacheiras, Cuntis e máis

Crónica Maio 9/10 Cacheiras, Cuntis e máis

Podios en Cacheiras, trail en Cuntis e nova gran actuación colectiva do Compos 🩵🤍 A SD Compostela Atletismo volveu vivir outra fin de semana chea de competicións, podios e participación en diferentes puntos de Galicia, combinando ruta, trail e categorías base. XIII...

Crónica Maio 1/2/3 Frades, A Baña, trail e máis

Crónica Maio 1/2/3 Frades, A Baña, trail e máis

Fin de semana espectacular para o Compos entre ruta, montaña e campionatos de España 🩵🤍 A SD Compostela Atletismo volveu vivir unha fin de semana intensísima, con presenza en múltiples probas populares, trail e competición nacional, conseguindo podios individuais,...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *