Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica novembro 23/24 Vilagarcía, Ferrol e máis

por | Nov 28, 2024

O campionato galego de medio maratón celebrado en Vilagarcía encumbra ao equipo feminino da SD Compostela Atletismo como CAMPIÓN DE GALICIA POR CLUBS.

Éxito colectivo para a nosa entidade na xornada festiva do domingo en Vilagarcía, que tivo un convidado inesperado e que fixo da chegada a meta unha auténtica loita para todos os atletas. O forte vento que soprou na vila do Salnés durante toda a xornada dominical frustou as pretensións que pasaban por reducir marcas nun dos circuitos máis rápidos de Galicia. Pero as condicións climáticas adversas non foron impedimento para a participación de máis de 30 atletas compostelanistas, entre eles Soledad Leiro, Carmen Rodríguez del Río e José Suárez Leis; campións de Galicia de media maratón más súas respectivas categorías.
Martina López, Nuria Mejuto, Victoria González, Shaila Muñiz e Carmen Otero completaron o cadro feminino das atletas da Esedé chegadas a meta. María Tarrío, Elena Veres e Amira Simón tomaron parte da saída pero abandonaron durante o transcurso da proba por mor de diversas molestias.
En canto aos atletas compostelanistas, tivemos a: Jacobo Crego, Alberto Mariño, Antonio Pardiñas, Juan Carlos Casal, Emilio García, José Sandá, Xosé Antón Barreiro, Manuel Castiñeiras, Miguel Gómez, Laureano Varela, Iván Solís, Martiño Placer, Segundo Domínguez, Javier Cepeda, Luis Míguez, Fran Méndez, Fernando Rey e Alberto Maneiro.

En Ferrol celebrouse a marcha e andaina contra a violencia de xénero, co lema “Querémonos libres, querémonos vivas”. Alí estiveron as nosas Malena Amigo, Conce Noia, Pilar Gómez e Irea Llovera, participando desta actividade enmarcada dentro dos actos programados polo 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.

A vindeira fin de semana os nosos corredores e corredoras participarán de probas en Boiro e Ourense, entre outras localizacións.

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica novembro 16/17 Itálica, Vigo e máis

Crónica novembro 16/17 Itálica, Vigo e máis

¡A SD Compostela Atletismo presente no Campionato de España de Campo a Través! A nosa entidade vén de asinar un novo capítulo na súa historia deportiva coa participación de tres equipos no Campionato de España de Campo a través de Clubs e Cross Internacional de...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.