Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica novembro 9/10 San Martiño, Behobia e máis

por | Nov 15, 2024

O mes de Novembro trouxo consigo unha das carreiras clásicas do outono: a San Martiño de Ourense. Unha proba en que a chuvia tamén quixo ser protagonista pero que non impediu que se citaran máis de 3.000 atletas para percorrer as rúas ourensás. Entre eles moitos dos nosos corredores e corredoras, asiduos á esta tradicional proba popular: José Súarez, Alejandro Montero, Piti Pereira, José Sandá, Laureano Varela, Manuel Castiñeiras, Luis Míguez, Marta Fernández, Lara Salgado, María Carmen del Río e Jesús Cabo. Algúns dos atletas máis novos do club tamén tomaron parte desta popular proba do atletismo galego: Iago Mateos, Martí Miguens, Adrián Rodríguez e Xeila Mateos.

Sempre participativos e colaborativos con todas as carreiras solidarias que se desenvolven na nosa comunidade, nesta pasada fin de semana os nosos Christian Danis, Malena Amigo e Pilar Gómez formaron parte dos 5kms solidarios Coruña. Namentres, en Pontevedra, na XI Milla Solidaria Anedia, estiveron David Mellado e Emilio García.

Ata Valencia desprazouse a nosa Nuria Mejuto. Alí correu os 30 kms de Sagunto a prol da visibilización do Síndrome de Usher. E non o fixo soa, senon acompañando a outro atleta, Mario Raúl Martínez, afectado por esta enfermidade rara que causa xordocegueira.

Por terras vascas tamén luciron, e con ampla representación, as cores da Esedé. Dende Behobia a San Sebastián, os integrantes da SD Compostela Atletismo deron boa conta do que é o correr en equipo. Fernando Rey e María Tarrío formaron tándem para completar os 20 quilómetros e chegar xuntos a meta. Os nosos Iván Solís e Amira Simón tamén tomaron parte desta magnífica carreira, finalizando con boas sensacións e asinando unha fin de semana deportiva sobresaínte para a nosa entidade.

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica Abril 18/19 Laredo, Moaña e máis

Crónica Abril 18/19 Laredo, Moaña e máis

Fin de semana de grandes probas, trail e moita presenza do Compos A SD Compostela Atletismo volveu ter unha fin de semana moi activa, con presenza en probas de nivel dentro e fóra de Galicia, combinando ruta, trail e base. 10K Villa de Laredo Unha das probas máis...

Crónica Abril 11/12 Vimianzo, Toques e máis

Crónica Abril 11/12 Vimianzo, Toques e máis

Carreira Popular Concello de Vimianzo Gran actuación do Compos nesta proba, con numerosos podios en ambas distancias. 10K 🥉 Jaci Mello – 3ª absoluta🥇 Alberto Pardo – 1º M1🥇 Martina López – 1ª Sub20 Tamén participaron: Manu Costa Josito Fernández Manu Castiñeiras 3K 🥇...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *