Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica novembro 16/17 Itálica, Vigo e máis

por | Nov 21, 2024

¡A SD Compostela Atletismo presente no Campionato de España de Campo a Través!

A nosa entidade vén de asinar un novo capítulo na súa historia deportiva coa participación de tres equipos no Campionato de España de Campo a través de Clubs e Cross Internacional de Itálica. Xunto con atletas da elite internacional como Beatrice Chebet, Marta García, Thierry Ndikumwenayo ou Adel Meechal, entre outros; tivemos a Francisco Pais, Toñito Pardiñas, Emilio García e José Sandá na proba Internacional Masculina; Soledad Leiro, Elena Veres, María Tarrío e Rosana Fernández na Internacional Feminina; e Manuel Castiñeiras, Marta Fernández, Laureano Varela e Nuria Mejuto na proba mixta.
O nosos representantes na proba nacional amosaron o mellor de si nun terreo duro e de gran esixencia, percorrendo o Conxunto Arquitectónico de Itálica.

A nosa participación nesta proba nacional foi posible polos resultados que estes atletas da Esedé lograron nos campionatos autonómicos de campo a través (Ribadavia, A Rúa e Ames) logrando postos meritorios que permitiron a súa clasificación para o estatal. Pese as baixas de última hora e os contratempos sucedidos, o Cross de Itálica foi un éxito para a nosa entidade, con excelentes resultados para os tres equipos, figurando entre os clubs máis grandes de España.

Á marxe da proba nacional, a SD Compostela Atletismo estivo ben representada por Xosé Antón Barreiro na Media Maratón de Vigo, dende a praia do Vao ata o paseo das Avenidas.

Na distancia de 21 quilómetros tamén tivemos á nosa Vicky González. Na carreira celebrada en Lérida, a nosa atleta parou o crono en 1:36:14.

Por Cangas do Narcea tivemos a Oscar Buján resultando gañador do speed Trail Tierras Pásicas.

Xa metidos no monte galego, concretamente en Miño; Juan Amigo, Conce Noia, Malena Amigo e Andrea Cores, gozaron da proba de Trail celebrada o domingo polos camiños e pistas do concello coruñés.

Tamén tivemos representación en Coruña con Elena Suarez participando no Leyma 5k.

Ademais, a nosa rapazada puido volver disfrutar das probas en pista na primeira xornada do Circuito Deputación, onde aproveitaron para presentar a nosa nova mascota, gracias Deleite 🙂

 

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica novembro 23/24 Vilagarcía, Ferrol e máis

Crónica novembro 23/24 Vilagarcía, Ferrol e máis

O campionato galego de medio maratón celebrado en Vilagarcía encumbra ao equipo feminino da SD Compostela Atletismo como CAMPIÓN DE GALICIA POR CLUBS. Éxito colectivo para a nosa entidade na xornada festiva do domingo en Vilagarcía, que tivo un convidado inesperado e...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.