· Antonio Carneiro e Lucía Rodríguez, participantes no Trail da Filloa de Zas
· Gran imaxe de Sindo González na Carreira do Calvario de Vigo
· Miguel Ángel Barral, representante da Esedé en Ibiza
Pasou outra fin de semana e con ela tres probas en que as cores da SD Compostela Atletismo estiveron ben representadas polos seus comprometidos atletas. Zas, Vigo e Ibiza foron as tres localizacións nas que se puideron ver aos nosos dando todo de si e gozando, en diferentes distancias e disciplinas deportivas, dos beneficios do atletismo e do deporte ao aire libre.
Atopámonos en temporada trails e algúns dos nosos non quixeron perder a cita do trail da Filloa de Zas. Na distancia curta dos 17 quilómetros estiveron Antonio Carneiro e Lucía Rodríguez. Logo de dúas horas de carreira, en que subiron ao Pico de Montebrondo, Alto do Monte e Paso da Devesa, e cun desnivel positivo final de máis de 800 metros, Antonio chegou nun tempo de 2:09:11 (49M) e Lucía en 2:19:06 (9F) e foi premiada como 3ª Veterana.
Sindo González, participou da proba curta dos 5 quilómetros no tradicional ‘Carreira do Calvario de Vigo’. O noso atleta atravesou a liña de meta entre os 10 corredores máis rápidos da proba, nun tempo de 17:50 como 9ª da xeral e 5º da categoría Máster2.
En Ibiza tamén se viu o escudo da Esedé coa magnífica representación de Miguel Ángel Barral Puga nos 5K de Platja d’en Bossa, cun tempo final de 16:00 (6M) e premiado como 1º da categoría VET35.
A vindeira fin de semana terá lugar unha das citas destacadas no calendario; o Campionato de Galicia de Campo a través de idade escolar, así como o Campionato Nacional de Pista Cuberta Máster en Antequera e diversas probas populares en Lalín, Camariñas e Narón.
Fin de semana de podios, títulos galegos e éxitos no trail para a SD Compostela Atletismo
VI Carreira Popular Faro do Roncudo Nun escenario espectacular como é a Costa da Morte, os atletas do Compos...
A SD Compostela Atletismo suma podios e gran participación en Conxo, Carballo, Silleda e Ourense
Aínda que xa estamos inmersos nunha nova fin de semana de competicións, quedábanos pendente repasar os...
Crónica Maio 30/31 Compostela, Santiso e máis
Nocturna en Santiago, podios en Moeche e presenza do Compos por toda Galicia 🩵🤍 Nova fin de semana cargada...



0 comentarios