Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

a
M

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Marzo 4/5 Camariñas, Lalín e máis

por | Mar 7, 2023

A primeira das grandes citas da fin de semana tivo lugar na Pobra co Campionato de Galicia XOGADE de Campo a través para atleta en idade escolar, que reuniu aos mellores equipos e atletas clasificados a nivel individual de Galicia nesta disciplina deportiva. Paula Fernández foi bronce da categoría Cadete, o que lle permite a clasificación directa para o Campionato de España por autonomías de Campo a través. Ivan Casas e Iago Mateos foron 11 e 21, respectivamente, da mesma categoría Cadete. Tamén a nosa Vega Pérez (24)participou da proba Alevín Feminino.

Outra das nosas novas atletas que está nun gran momento deportivo é a nosa Ainoa Gontán que se proclamou campioa de 5.000 metros Sub20 no Campionato de Galicia de fondo e lanzamentos longos celebrado nas pistas de Balaídos. Ainoa, con 19:17.83 nos 5.000 metros, asina outro gran trunfo nesta magnífica tempada da atleta compostelanista. En Balaidos tamén tivemos a Gonzalo Cao nos 5.000 Sub20, en que o noso parou o crono en 17:54.40.

Dende a vila costeira de Camariñas ata o interior da comarca do Deza, atletas da SD Compostela Atletismo participaron este domingo nas dúas carreiras populares marcadas en vermello no calendario.
A primeira das carreiras do Circuito “Correndo pola Costa da Morte” tivo como punto de partida a vila de Camariñas, onde destacaron as participacións de Cristian Muíño, que foi 2º da proba Absoluta 10k (31:00); e Iago Mateos, 2º da carreira escolar Sub14/16/18 e 1º da categoría Sub16 (7:47). A camisola da Esedé foi unha máis entre a multitude de atletas citados na mañá do domingo con excelentes resultados de todos os atletas compostelanistas:
Carreira 3K: Christian Danis (4) e José Figueiras (62)
Carreira 10K: Antonio Carneiro (M41), Paula Esteiro (F11), Juan Luis Botana (M155) e Paco Pena (M164)
O frío e a chuvia lalinense marcaron a “Carreira do Cocido de Lalín” que xa vai pola súa XIII Edición. Julia Vaquero resultou 2ª da proba de 5K cun tempo de 20:58, mentres que na proba absoluta dos 10k tivemos a Lennon Almeida (M61) e Silvia Fernández (F33).
Entre os atletas máis novos estiveron: Lois Abel Meijome en Sub12 e Xian Martínez e Xan Vilas en Sub10.

Fóra da comunidade, en Madrid, os nosos Malena Amigo e Ángel García cubriron os 5 quilómetros da carreira solidaria “Día Mundial del Riñón”.

Na próxima fin de semana celebrarase San Silvestre Compostelá e Campionato de Galicia 5k en ruta, que tivo que ser aprazada no seu día por mor da climatoloxía adversa. Tamén estaremos en Laredo, na carreira de 10 quilómetros considerada como a máis rápida de España.

Redactado por Nuria Mejuto

Otros contenidos de la misma autora

Crónica verán, fináis de Agosto

Crónica verán, fináis de Agosto

Rematamos o mes de Agosto repasando todo o que deron de sí as últimas citas deportivas para os atletas da SD Compostela Atletismo. En plena época estival o Campionato Galego de Milla en Ruta non fallo á súa cita na localidade lucense de Lourenzá. Os atletas...

Crónica verán, fináis de Xullo e comezos de Agosto

Crónica verán, fináis de Xullo e comezos de Agosto

Temos moitas crónicas atrasadas pero eso non quere decir que os nosos deixaran de competir, nin moito menos! Comezamos polas últimas competicións de xullo, con éxito absoluto dos nosos! Cristian Muiño e Mencía Reborido gañadores absolutos na popular de Baio. Na II...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.