· Antonio Carneiro e Lucía Rodríguez, participantes no Trail da Filloa de Zas
· Gran imaxe de Sindo González na Carreira do Calvario de Vigo
· Miguel Ángel Barral, representante da Esedé en Ibiza
Pasou outra fin de semana e con ela tres probas en que as cores da SD Compostela Atletismo estiveron ben representadas polos seus comprometidos atletas. Zas, Vigo e Ibiza foron as tres localizacións nas que se puideron ver aos nosos dando todo de si e gozando, en diferentes distancias e disciplinas deportivas, dos beneficios do atletismo e do deporte ao aire libre.
Atopámonos en temporada trails e algúns dos nosos non quixeron perder a cita do trail da Filloa de Zas. Na distancia curta dos 17 quilómetros estiveron Antonio Carneiro e Lucía Rodríguez. Logo de dúas horas de carreira, en que subiron ao Pico de Montebrondo, Alto do Monte e Paso da Devesa, e cun desnivel positivo final de máis de 800 metros, Antonio chegou nun tempo de 2:09:11 (49M) e Lucía en 2:19:06 (9F) e foi premiada como 3ª Veterana.
Sindo González, participou da proba curta dos 5 quilómetros no tradicional ‘Carreira do Calvario de Vigo’. O noso atleta atravesou a liña de meta entre os 10 corredores máis rápidos da proba, nun tempo de 17:50 como 9ª da xeral e 5º da categoría Máster2.
En Ibiza tamén se viu o escudo da Esedé coa magnífica representación de Miguel Ángel Barral Puga nos 5K de Platja d’en Bossa, cun tempo final de 16:00 (6M) e premiado como 1º da categoría VET35.
A vindeira fin de semana terá lugar unha das citas destacadas no calendario; o Campionato de Galicia de Campo a través de idade escolar, así como o Campionato Nacional de Pista Cuberta Máster en Antequera e diversas probas populares en Lalín, Camariñas e Narón.
Crónica Xullo 12/13 Compostela, Muxía e máis
A pasada fin de semana foi outra desas nas que a SD Compostela Atletismo se deixou ver con forza en varios...
Crónica Xullo 5/6 Oroso, Cee e máis
A SD Compostela Atletismo volveu ser protagonista nesta fin de semana repleta de carreiras e emocións. Dende...
Crónica Xuño 28/29 Carnota, Begonte e máis
Crónica: Zancadas de mar, montaña e moito equipo! Volvemos cunha nova entrega do que máis nos gusta: correr,...




0 comentarios