Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Xaneiro 3/4 e 10/11

por | Ene 17, 2026

Crónica das últimas semanas – Moito movemento do Compos por toda Galicia e máis alá

Entre o Nadal, as presentacións e o inicio do novo ano, acumuláronse moitas competicións e actuacións destacadas dos nosos atletas. Aquí vai un resumo do moito e bo que fixeron as cores da SD Compostela Atletismo nestas últimas semanas:

Campionato Xunta de Galicia de Campo a Través 2026 (Absoluto, Sub23, Sub20, Sub18 e Sub16)
Gran presenza do club nun dos campionatos máis esixentes do calendario:

• Xoana Rodil foi 4ª en Sub16, rozando o podio.
• En Sub18 feminino, Martina López, Lucía Taboada, Xulia Vidal e Celia Lista (filial Negreira) formaron equipo e acadaron unha meritoria 5ª posición por clubs.
• Leo Gándara competiu en Sub20.
• En absoluto feminino, Elena Veres, Nuria Mejuto, Marta Fernández, María Tarrío, Rosana Fernández e María Fernández foron 7ªs por equipos. Ademais, Rosana e María tamén participaron a nivel individual en Sub23.
• En absoluto masculino, Alberto Pardo, Eloy Castro, Carlos Carracedo, Sindo González, Manuel Castiñeiras e Ángel Fernández lograron a 12ª posición por clubs nunha proba de enorme nivel.

Carreira Popular Concello de Castro de Rei
• Alberto Pardo foi 1º Máster A
• Carlos Fraga, 3º Máster A
• Nuria Mejuto, 3ª Máster A
Tamén participaron: Manuel Castiñeiras, José Sandá, Laureano Varela e Fernando Rey.

Trail Montes de Rois
Proba longa: Roberto Salvado, Antonio Carneiro e Fernando Paz.
Proba curta:
• Diego Ferreira, 2º absoluto
• Fernando Sesar, 4º Vet A
• Xulia Vidal, 4ª Senior

10K Valencia
O Compos tamén estivo representado nun dos 10K máis rápidos do mundo:
• María Tarrío
• Elena Veres
• Joaquín Sangiovanni
• Alejandro Villar

Campionato de España en pista – Antequera
Alejandro Montero foi 3º de España nos 3.000 m, cun tempo de 9’28”, nunha final de altísimo nivel.

Moitas grazas a todos e todas por seguir levando o nome do Compos con orgullo por pistas, rutas, campos a través e trails. Seguimos sumando, seguimos soñando e, sobre todo… seguimos correndo xuntos!

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica Agosto 2026

Crónica Agosto 2026

Un mes de competición, podios e moita presenza do club Agosto chegou cargado de carreiras e, unha vez máis, o noso club deixou pegada por boa parte da xeografía galega. Desde probas populares ata campionatos autonómicos, pasando por millas, croses, trails e carreiras...

Crónica Xullo 2026

Crónica Xullo 2026

🩵🤍 Xullo, un mes cheo de competicións para a SD Compostela Atletismo O mes de xullo non deu tregua e os atletas da SD Compostela Atletismo seguiron levando as nosas cores por diferentes puntos de Galicia. Ruta, trail, carreiras nocturnas, categorías base e moitos...