Choiva de metais para a SD a Compostela Atletismo
O Campionato de Galicia Master de «Short Track» ou Pista Curta, celebrada en Ourense a pasada fin de semana, deparou unha chea de éxitos para a nosa entidade. Da man dun numeroso grupo de atletas, a Esedé brilou en Expoourense con excelentes resultados individuais e colectivos, o que supuxo o broche de ouro a unha xornada de convivencia, deportividade e compañeirismo.
Amira Simón, Ángel Fernández e José Carlos Ferreira obtiveron metais na proba dos 3.000 metros; bronce, plata e ouro, respectivamente.
As medallas de ouro levaron o nome de Soledad Leiro nos 1.500 metros, María Carmen del Río nos 400m e 800m, Santiago Dapena nos 200m, David Martínez en Lonxitude e Francisco Sal de Rellán en lanzamento de Peso.
O noveno ouro para a nosa entidade foi compartido na proba de relevos mixto M40, con María Tarrío, José Sandá, María Maroñas e Santiago Dapena.
Ademais da prata dos 3.000 metros de Ángel Fernández, foron outros sete atletas da Esedé os que asinaron subcampionatos galegos. Entre eles; Emilio García no 1.500m e Emilio Fernández e Javier Cepeda nos 400m, nas súas respectivas categorías. José Sandá foi prata nos 1.500m M40 e María Tarrío fixo dobrete no 800m e 1.500m con sendos subcampionatos. María Maroñas e Santi Dapena tamén lograron colgar a medalla en 200 metros e 400 metros, respectivamente.
Iván Solís e José A. Pose conseguiron premiación de bronce en 400m e Lonxitude; namentres María Maroñas e Emilio Fernández asinaron sendos terceiros postos en 60m e 200m.
Igualmente importantes foron as participacións dos nosos Manuel Castiñeiras, Laureano Varela e Juan Luis Botana, que representaron á nosa entidade nos 3.000 metros, peso, 200m 400m e 800m.
Un total de 22 medallas; 8 ouros, 9 platas e 5 bronces, súmanse ao histórico de resultados da SD Compostela Atletismo neste Campionato Galego en categoría máster, un evento no que xa se consolida como un dos clubs máis laureados.





0 comentarios