Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Maio 13/14 Santander, Cerceda, Lugo e máis

por | May 19, 2023

 

Os atletas másters da SD Compostela Atletismo cumpriron con moito mérito na proba nacional de media maratón en ruta que tivo o domingo en Santander. Entre os mellores deportistas máster da disciplina, atopábanse varios dos nosos atletas, con moitas ganas e disposición plena de deixar as cores da Esedé no máis alto do panorama nacional. Entre os corredores máis veloces tivemos a Miguel Ángel Barral, con 1:15:17, chegando a meta entre os 200 primeiros. Moi preto del, chegaron Marcelo Lanza (1:17:27), José Antonio Gontán (1:17:44), Amador Pena (1:17:49) e Pedro Pazos (1:28:13). Entre as atletas féminas da entidade branquiazul; Julia Vaquero foi quen de rematar en 1:34:24, seguida de Vicky Gonzalez (1:47:16) e Fini Riber (1:50:07). O noso Fernando González, que tomou parte da saída, tivo que abandoar no transcurso da carreira.

Xa en terras galegas; foron poucas as probas que se sucederon na pasada fin de semana, pero contamos con representantes en case todas elas.

Na Media Maratón de Lugo, un clásico para os apaixonados dos 21 quilómetros , Martina Gestal foi 4a absoluta e 2a da categoria VET1 con 1:30:49; e Daniel García parou o crono en 1:27:05 (MMP).

Valeria Batire foi a única atletas do Compos na proba absoluta “11 das vías” do Concello de Cerceda, en que a nosa Sub20 foi a mellor da súa categoría e cuarta da xeral. Tamén Guillermo Llorente levou a vitoria na carreira Sub12.

 

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica Agosto 2026

Crónica Agosto 2026

Un mes de competición, podios e moita presenza do club Agosto chegou cargado de carreiras e, unha vez máis, o noso club deixou pegada por boa parte da xeografía galega. Desde probas populares ata campionatos autonómicos, pasando por millas, croses, trails e carreiras...

Crónica Xullo 2026

Crónica Xullo 2026

🩵🤍 Xullo, un mes cheo de competicións para a SD Compostela Atletismo O mes de xullo non deu tregua e os atletas da SD Compostela Atletismo seguiron levando as nosas cores por diferentes puntos de Galicia. Ruta, trail, carreiras nocturnas, categorías base e moitos...