Rematou otro mes, e… qué mes! Estivo cargado de carreiras e eventos!
A SD Compostela Atletismo comezou gañando a carreira da Amaia nunha tarde nada apacible en Brión. O Compos sacou todo o seu esplendor e levouse a victoria por equipos por diante do Sar Petroni e do Brión hyupersa, sobre un circuito renovado de 5kms máis rápido que o de anteriores edicións.
💙 En pouco máis de 15 minutos chegou o gañador absoluto da proba, o Compostelanista Nuno Costa.
Acompañárono nos primeiros postos 🤍 Amador Pena 4º absoluto e 💙Jordi Carrasco 6º. Todos eles gañadores nas súas respectivas categorías.
Tamén entraron dentro dos seis primeiros atletas que computaban para a clasificación por equipos, 🤍Damián Espasandín que foi 12º, 💙Emilio García 14º e 🤍Iván Abeledo 16º, os cales tamén gañaron nas súas categorías de idade.
Por detrás en orde de chegada tivemos tamén a 💙Borja Cardesín🤍Jose Antonio Figueira, 💙Laureano Varela, 🤍Javier Rozados e 💙Bartolomé Balsa, gran animador da proba.
Xa nas categorías menores comezamos polos máis adultos, coa victoria de Yago Iglesias desexando participar na proba absoluta o cal a federación non lle permitiu, cubriu os 2 kms da proba en pouco máis de 6 minutos para levarse unha cómoda vitoria.
Tamén en Sub16 resultou vencedora Julia Salvado, no seu debut coas cores azul e branca 💙🤍
Na categoría Sub12 tivemos nas primeiras posicións a:
💙 Lucía Taboada
🤍Marcos Barcala
💙 Africa Gil
🤍Xoel Otero
💙Iara Torres
🤍Hugo García
💙Ariana Iglesias
En sub 10 participaron:
💙 Antón Monteagudo
🤍 Anxo Vieiro
En Sub 8 subiron ao caixón
💙Alex Pena 1º
🤍Ramón Monteagudo 3º
💙 Alvaro Couselo
🤍Daniela Gil
💙Clayton García
🤍Izan Parrado
💙Aldán Vieiro
A fin de semana competitiva todavía non remataría, aínda coa mel da victoria nos beizos, algúns quixeron dobrar competición e secar a humidade de Brión cun radiante sol asistindo aos 10k de Coruña o Domingo pola mañá.
Se Nuno acadou a victoria o Sábado en Brión, o Domingo mantivo un altísimo nivel, baixando de 30′ para facer un 5º posto absoluto.
Outro dos que dobraba carreira era Amador, pero a este si lle pasou factura a carreira de Brión, e a partir do km7 adicouse máis a axudar a algún compañeiro.
Gran carreira preto da sua MMP para 💙 Cristian Muiño, que con 32’30» sería 16º.
Tamén tivemos na Coruña 10k con moitas melloras de marcas e fantásticos resultados a :
🤍Jose Sanda en 35’42»
💙Castiñeiras con 37’01»
🤍 Martin Abelenda 37’08»
💙 Elena Veres con 44’50»
🤍 Nuria Mejuto 48’49»
💙 Sonia Villar 53’43»
Tamen dobrou participación Jordi Carrasco entre Brión e os 15k do Atlántico entre Oia e A Garda, donde acadou un meritorio 4º posto absoluto e 1º de categoría.
Fantástica fin de semana para os nosos que continuou coa festa das carreiras en Tordoia, Lalín, Ribeira Sacra, Cangas e de ruta ecolóxica por Lugo!
O seguinte Sábado pola tarde Tordoia recuperaba a sua fermosa carreira, pasando a carón do Dolmen de Cabaleiros, alí tivemos na proba absoluta a:
💙 Brais Pérez que foi 5º senior e 17º absoluto.
🤍 Gerardo Cachafeiro, 6º senior e 23º absoluto.
💙 Francisco Javier López que debutaba e ocuparía a posición 179.
Nos cativos participaron en Sub 16: 💙 Julia Salvado que sería 2ª clasificada e en sub 12 tivemos a :
💙 Lucía Taboada que foi 5ª
🤍 Xoel Otero 11º
💙 Lucía Castro 12ª
Ese Domingo viaxamos a terras do Deza para participar na XI edición da carreira do cocido de Lalín. Moito frío e dúas distancias para entrar en calor, na versión longa de 10k tivemos a:
💙 Jose Sandá que foi 1º en M35
🤍 Manu Castiñeiras 3º en M35
💙 Silvia Fernández 2ª M35
🤍 Laureano Varela 16º M45
💙 Nuria Mejuto 4ª senior
🤍 Maria Limeres 5ª senior
💙 Bartolomé Balsa 23º M45
En 5k tivemos a:
💙 Roi García 4º M35
🤍 Juan Botana 1º M65
💙 Javier Prado 6º M35
🤍 Francisco Pena 3º M65
En Sub 16 os nosos representantes vencerían en cadansua categoría:
1ª Julia Salvado 💙
1º Yago Iglesias 🤍
En Sub12 tivemos a 💙 Ariana iglesias 5ª.
Ese mesmo finde, na modalidade Trail e Campo a través:
💙 Javier de Dios participou o Domingo no trail da Ribeira Sacra, distancia de 24kms, correndo en postos díanteiros gran parte da proba ata que nos últimos kms tivo a vistia do home do mazo para rematar 44º na xeral.
🤍 Sindo estivo no V cross Cabo Udra, tamén entre os primeiros durante a maior parte da proba ata que unha molestia no últimos kms o afastou ata a posición 12ª.
Tamén tivemos a dous dos nosos nunha actividade distinta pero igual de importante que o deporte, coñecendo de primeira man empresas do selo ecolóxico CRAEGA.
💙 Antón Ruanova e 🤍 Amador Pena foron convidados por Slowfood Compostela que organizou unhas xornadas neste caso en Lugo sobre a importancia de consumir alimentos ecolóxicos e de cercanía.
A seguinte foi outra fin de semana de exitos!
💙🤍NUNO COSTA VENCE NA “ MM RUTA DE LA RECONQUISTA” CON RÉCORD DA PROBA🤍
O noso atleta Nuno Costa segue a desmostrar o seu gran estado de forma en Cangas de Onís, xa non solo polo triunfo nesta fermosa proba, se non por bater o récord, en mans dun ausente nesta edición, o Leonés Sergio Sánchez. O tempo de Nuno na subida e baixada ao Santuario da Virxe de Covadonga foi de 1h06’05”.
Xa o Domingo e baixo un calor e humidade non habituais para esta época do ano, o cal pasou factura a moitos dos participantes, disputouse a Media Maratón de Pontevedra e os 10k, distancias nesta ocasión non homologadas que ao parecer excederon nalgúns metros as distancias orixinais.
Na Media Maratón tivemos a:
💙Jordi Carrasco que parou o crono en 1h13’
🤍Martin Abelenda con 1h21’
💙Javier de Dios fixo 1h23’
🤍Borja Cardesín 1h27’
💙Fran Méndez 1h29’
🤍Manu Castiñeiras 1h29’
💙Segundo Dominguez 1h41’
Na distancia dos 10k participarían:
💙Iván Abeledo con 37’20”
🤍Gerardo Cachafeiro con 37’28”
💙Maria Limeres con 48’18”
🤍Juan Botana con 48’33”
💙Nuria Mejuto con 50’49”
🤍Alvaro Rodríguez con 52’51”
💙🤍 José Sandá estivo na carreira do Corgo en donde foi 5° absoluto.
💙 Carreira na que tamén participou Brais Sandá.
Tamén en Pontevedra pero sobre a pista de tartán e nos 400 metros, tivemos a:
💙Emilio García cun crono de 58.70 na proba “ Honrando aos medallistas de 1921 copa Manuel Amigo” que conmemoraba as medallas Galegas acadadas no campionato de España de pista de dito ano, celebrado en Coia.
A seguinte foi unha fin de semana máis relaxada… Non había moita carreira pola zona e mandamos a:
💙 Nuria Mejuto aos 10k homologados de Bilbao Night para facer marca persoal parando o crono en 46’47»
🤍 Máis pretiño de Compostela, concretamente en Marín, na xa tradicional Pinga Pinga, tivemos a Emilio García no posto 13º da xeral, sendo segundo en Master B.
💙 Javier De Dios estivo nos 15k Nocturnos de Ourense, obtendo o 3º posto de categoría senior e 10º na xeral absoluta.
E finalizamos Outubro como tiña que ser, correndo a Pedestre de Santiago.
A hora de sempre e no sitio de sempre coa compaña de moitos dos de sempre, varias ducias de atletas percorreron os xa clásicos 12kms ata o Obradoiro.
Tódalas cidades xa recuperaron as suas probas máis emblemáticas, Lugo, Pontevedra, Coruña, Vigo e dentro duns días estaremos na San Martiño de Ourense, pero Santiago, unha vez máis, pasará outro ano sen Pedestre, outro ano sen CorreSan e outro ano sen os eventos deportivos que merece e merecemos…
A falta de Pedestre oficial, tivemos que tirar de pista e de Trail para competir:
💙Jose Sanda e 🤍Juanito estiveron no trail de Portalen en Pontevedra, acompañados por Nano.
💙Jose clasificou 6º no trail curto de 15kms e 🤍Juanito sería o 14º no trail longo de 25kms.
No trofeo aniversario da Escola Atlética Ben cho shey de Ourense estivo nos 3000 metros💙 Javier de Dios que sería 2º clasificado cun rexistro de 10:03.
Outro mes máis sumando variedade de kms e xa listos para competir este Novembro nun montón de probas por toda a península xa que comenzamos tendo atletas en Porto, Madrid e como non, no Campionato de Galicia de clubs de campo a través, con equipo Sub20, Absoluto masculino e Relevos mixto.
💙🤍Forza Compos !🤍💙
0 comentarios