Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Xuño 28/29 Carnota, Begonte e máis

por | Jul 4, 2025

Crónica: Zancadas de mar, montaña e moito equipo!

Volvemos cunha nova entrega do que máis nos gusta: correr, compartir e sumar quilómetros en equipo. A familia da SD Compostela Atletismo estivo presente nunha fin de semana con moita actividade e resultados destacados.

Carreira das Areas – Carnota (Circuito Correndo pola Costa da Morte)
Un entorno privilexiado como Carnota foi o escenario dunha nova proba do circuíto costeiro, onde o noso club estivo moi ben representado:

Tina Fernández foi a máis rápida na súa categoría (MST2F), cruzando a meta como 1ª.
José Suárez Leis, intratable en MST4M, sumou unha nova vitoria, esta vez acompañado da súa filla Noelia Suarez.
Francisco Javier Cepeda acadou un gran 3º posto tamén en MST4M.
Xosé Carlos Carracedo, sempre constante, rematou 5º na categoría MST1M.

Na modalidade de 3K tamén brillaron os nosos:

Iago Mateos subiu ao podio cun excelente 3º posto.

María Tarrío foi segunda, demostrando o seu bo momento de forma.

Andrea Cores, cun ritmo firme, foi 5ª.

VIII Carreira de Begonte – 7K
No norte, en terras lucenses, os compostelanistas foron protagonistas tanto a nivel individual como colectivo:

Elena Veres, 3ª absoluta e 2ª na categoría sénior.

Nuria Mejuto, 4ª absoluta e 2ª en VA-F.

María del Carmen Rodríguez del Río, ouro na súa categoría.

Sindo González, Juan Amigo, José Sandá, Laureano Varela, Marcelo Lanza, Manuel Castiñeiras, Loly Gómez e Conce Noya completaron unha participación numerosa e moi comprometida.

Estos resultados fixeron que nos proclamaramos subcampioas por equipos femininos e quintos por equipos masculinos.
Tamén fomos o club máis numeroso da proba.

Trail Heroica Sacra – Ribeira Sacra
A montaña tamén tivo sabor compostelanista. Xosé María participaba nesta proba extrema da Ribeira Sacra. Por desgraza, debido ás condicións meteorolóxicas adversas, a organización viuse obrigada a suspender a carreira mentres se estaba disputando, polo que non puido completar o reto. Pero o valor está en intentalo, e sabemos que volverá con máis forza!

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica Febreiro Campionato de España 10k Máster

Crónica Febreiro Campionato de España 10k Máster

Histórico Campionato de España Máster 10K en Ibiza para o Compos A SD Compostela Atletismo viviu unha fin de semana inesquecible no Campionato de España Máster 10K celebrado en Ibiza, cunha actuación colectiva espectacular e varios resultados históricos para o club. 🥇...

Crónica Febreiro 7/8 Padrón, Ourense e máis

Crónica Febreiro 7/8 Padrón, Ourense e máis

Fin de semana cheo de actividade e grandes resultados para a SD Compostela Atletismo A SD Compostela Atletismo volveu vivir unha fin de semana intensa, con presenza en ruta, pista curta e trail, demostrando a forza do club en todas as disciplinas. 📍 Carreira Popular...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.