Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Xullo 5/6 Oroso, Cee e máis

por | Jul 10, 2025

A SD Compostela Atletismo volveu ser protagonista nesta fin de semana repleta de carreiras e emocións. Dende o interior ata a costa, pasando por eventos solidarios e probas para todas as idades, os nosos atletas deron unha auténtica lección de entrega e compromiso.

IV Media Maratón e 10KM Camiño Inglés – Red Stelar (Oroso)
Unha proba cada vez máis consolidada no calendario, na que a Esedé volveu brillar:

Media Maratón (21K)

  • Jesús Barral, 3º Máster 3

  • Segundo Domínguez, 8º Máster 3

10KM

  • Ainoa Gontán, campioa absoluta feminina

  • Marta Fernández, 2ª absoluta

  • Juan Amigo, 1º Máster 3

  • Rocío Díaz, 1ª Máster 3

  • Emilio Fernández, 8º Máster 3

3KM menores

  • Lucía Taboada, 1ª

  • Martina López, 3ª

As máis novas seguen demostrando que o futuro da Esedé vén con forza.

Carreira Popular de Leiro
Nun ambiente festivo e cun percorrido esixente, os nosos atletas volveron dar o mellor de si:

  • Alejandro Montero, 3º Sénior

  • Fer Paz acadou tamén un moi bo resultado, deixando clara a súa regularidade e forza nesta tempada.

Carreira Popular Concello de Cee
Dobre formato e grandes actuacións nas rúas de Cee:

3K

  • David Mellado, 5º absoluto

  • Andrea Cores, 3ª absoluta

10K

  • Tina Fernández, 1ª absoluta feminina

  • Javier Cepeda, 2º Máster 4

  • Iago Mateos, 1º Sub18

  • Xeila Mateos, 1ª Sub10

Nova exhibición da familia, en todas as categorías.

Carreira Popular de Laxe
Na estrea desta nova cita na Costa da Morte, tamén houbo representación branquiazul:

  • Toñito Pardiñas, 2º Máster 1

Un pracer formar parte dunha primeira edición que seguro se consolidará.

IV Carreira Solidaria «Móvete pola Diabetes» – A Pobra do Caramiñal
Nunha proba especial polo seu carácter solidario, os nosos atletas sumaron tamén a súa forza:

  • Alberto Mariño, 2º absoluto

  • Sindo González, 3º absoluto

Grazas por levar os nosos valores tamén a este tipo de iniciativas.

Cada dorsal, cada zancada e cada sorriso fan máis grande o noso club. Seguimos medrando, construíndo equipo e deixando pegada en cada recuncho. Grazas, Esedé.

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica Abril 18/19 Laredo, Moaña e máis

Crónica Abril 18/19 Laredo, Moaña e máis

Fin de semana de grandes probas, trail e moita presenza do Compos A SD Compostela Atletismo volveu ter unha fin de semana moi activa, con presenza en probas de nivel dentro e fóra de Galicia, combinando ruta, trail e base. 10K Villa de Laredo Unha das probas máis...

Crónica Abril 11/12 Vimianzo, Toques e máis

Crónica Abril 11/12 Vimianzo, Toques e máis

Carreira Popular Concello de Vimianzo Gran actuación do Compos nesta proba, con numerosos podios en ambas distancias. 10K 🥉 Jaci Mello – 3ª absoluta🥇 Alberto Pardo – 1º M1🥇 Martina López – 1ª Sub20 Tamén participaron: Manu Costa Josito Fernández Manu Castiñeiras 3K 🥇...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *