A pasada fin de semana foi outra desas nas que a SD Compostela Atletismo se deixou ver con forza en varios puntos da xeografía galega. Dende a nosa cidade ata a Costa da Morte e o sur de Galicia, as zancadas branquiazuis deixaron pegada e demostraron, unha vez máis, que este club é sinónimo de compromiso, ilusión e bo facer.
CorreSan Cidade Vella – Santiago de Compostela
Nunha das probas máis emblemáticas da nosa cidade, tivemos unha ampla representación tanto na categoría absoluta como nas escolares.
Absoluta:
Sanda (7º), Iago Mateos (8º), David Martínez (18º), Luis Míguez (78º), Laureano Varela (91º), Julia Salvado (2ª absoluta), Roberto Salvado (105º), Elisa Boullosa (4ª absoluta), Nuria Mejuto (6ª absoluta), Dani García (172º), Ignacio Beltrá (209º), Pepe Bernárdez (229º).
Escolares:
Lucía Taboada (2ª Sub16), Martina López (4ª Sub16), Daniela Gil (10ª Sub12), Marta Noya (6ª Sub10).
Carreira Popular do Apóstolo, Laracha
Toñito Pardiñas segue a acumular grandes resultados, nesta ocasión foi 2º na categoría Máster A.
Carreira Pedestre Concello de Muxía
A brisa mariñeira non freou os nosos atletas, que brillaron en ambas distancias:
3K:
Julia Salvado (4ª absoluta), Andrea Cores (5ª absoluta), Roberto Salvado (16º absoluto).
10K:
Tina Fernández proclamouse campioa absoluta unha vez máis. Juan Amigo foi 7º Máster 3, Javier Cepeda 4º Máster 4, Suárez Leis 1º Máster 4, e tamén contamos coa participación de Manu Castiñeiras e Conchi Noya.
Nas categorías menores, Xeila Mateos foi 2ª Sub10 e Daniela Gil 6ª Sub12.
10K “Ponle Freno” – Vigo
Piti e Sindo cruzaron a meta en perfecta sincronía, entrando na 9ª posición cun tempo de 38:09.51, demostrando compañeirismo e rendemento a partes iguais.
Semana tras semana, seguimos sumando quilómetros, experiencias e motivación. Grazas a cada atleta por representar con orgullo á nosa familia compostelanista!





0 comentarios