Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Xaneiro 28/29 – Campo a través, pista cuberta e maís

por | Feb 1, 2023

A SD Compostela Atletismo faise un oco entre os mellores clubs do campo a través en Galicia Máster

  • · Representación azul e branca con Ainoa Gontán na Selección Galega Sub20 de Campo a Través
  • · Cielos Caderno, Cristian Danis e Santi Dapena, no I Trofeo Laranxa de Atletismo en pista cuberta

A SD Compostela Atletismo regresou do Campionato Galego de Cross Máster celebrado en Ribadavia cunha morea de éxitos, tanto a nivel grupo como individual: título galego do equipo feminino Máster 45 e dous subtítulos galegos para os equipos masculinos Máster 35 e Máster 45. Tres grandes fazañas grupais que estiveron acompañadas dos grandes resultados a nivel individual.

Julia Vaquero e Amador Pena proclamáronse campións galegos de campo a través nas súas respectivas categorías. Tamén resultaron premiados os nosos Fernando González como subcampión do grupo 55M, e Miguel Ángel Barral e María Tarrío como os terceiros mellores do seu grupo de idade, 35M e 45F.

Nos resultados por equipos foron determinantes os resultados de todos os compañeiros que participaron neste Campionato Galego: Martín Abelenda, Manuel Castiñeiras, Roi Manuel García, Marcelo Lanza, José Antonio Gontán, Emilio García, Antonio Vázquez, Xosé Antón Barreiro, Francisco Dapena e Juan Luis Botana na proba masculina. Na carreira de mulleres tivemos a: Martina López, Beli Bermúdez, Camila Clarisse, Sonia González, Josefina Riber, María Maroñas e Malena Amigo.

O circuito de cross de Ribadavia tamén acolleu, durante a xornada matinal, o Campionato Xunta de Galicia de Categorías Menores “26º Memorial Alejandro Lorenzo”. Alí estiveron un numeroso grupo de cativos e cativas da Esedé gozando, por segunda semana consecutiva, dunha proba de campo a través. Paula Fernández acadou un gran resultado como a 3ª mellor atleta Sub16 de Galicia nesta modalidade.

En Sub10 feminino: Noa López e Daniela Gil 4º posto por equipos en Sub10 masculino coa participación de: Xan Vilas, Xián Martínez, Alex Pena, Xandre Dapena, César Ramos e Diego Amboage. Lois Abel Méijome foi o único representante na proba Sub12; mentres que en Sub14 estiveron: Clara López, Lucía Taboada, Irene Leis, Clara Leis, Martina Rodríguez e Carme Dapena.
Tamén tivemos a Iago Mateos en Sub16 e a Julia Salvado e Nicolás Losada en categoría Sub18.

A nosa Ainoa Gontán regresou da súa convocatoria coa selección galega Sub20 cun meritorio 6º posto por equipos no Campionato Nacional de campo a través en Ortuella (Biscaia). Ainoa asinou unha excelente carreira, nun circuito enlamado e de moita dureza, entrando no posto 17º da clasificación xeral feminina Sub20, segunda do combinado galego.

Na fin de semana de citas deportivas tamén houbo representación compostelanista no I Trofeo Laranxa de Atletismo en Pista Cuberta de Ourense. Santi Dapena foi 6º da súa serie nos 400m (57.05) e 1º da correspondente final nos 200m (25.26). Cristian Danis, en 800m, foi 3º da serie (2:14:20). Cielos Caderno realizou unha magnífica carreira nos 60m en que foi 1º da serie con 8.74, e posteriormente 4ª nos 200m (29.34).

En canto ás probas pola montaña, dúas das nosas rapazas, participaron no Trail Costa Doce de Sada, na modalidade curta con 14 quilómetros e 480m de desnivel positivo e 570m negativo. Paula Esteiro alzouse coa vitoria absoluta nun tempo de 1:33:58, seguida por Lucía Rodríguez que foi 4º absoluta (2º VET) parando o crono en 1:36:58.

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica Novembro 22/23 Campionato de cross e máis

Crónica Novembro 22/23 Campionato de cross e máis

Campionato Internacional e Campionato Nacional por Clubs de Cross – Atapuerca (Burgos) A cita máis importante da fin de semana levounos ata Burgos, onde cinco atletas da Esedé participaron no mellor cross do mundo e, ademais, no Campionato de España por Clubs. Con...

Crónica Novembro 15/16 CorreSan, Vigo e máis

Crónica Novembro 15/16 CorreSan, Vigo e máis

🏃‍♂️ Crónica da fin de semana: Corresan, Media Maratón de Vigo, pista… e moita Esedé en acción 🏃‍♀️ Unha nova fin de semana chea de competición, esforzo e ilusión para a familia branquiazul. Desde as rúas de Vigo, pasando pola pista e pechando o circuito da CorreSan,...