Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Setembro 6/7 Finlandia, Corcubión e máis

por | Sep 11, 2025

A familia da SD Compostela Atletismo volveu ser protagonista en diferentes escenarios, sumando esforzo, podiums e ilusión.

Carreira Popular Concello de Corcubión
Un percorrido espectacular á beira do mar que trouxo grandes resultados para a Esedé:

  • Fran País proclamouse campión absoluto nos 10K.

  • Javier Cepeda foi 2º Máster 4.

  • Na proba curta de 3K, Andrea Cores acadou a 2ª posición absoluta e Matías Benito completou a participación branquiazul.

Carreira de Mariña Mansa (Circuito Correndo por Ourense)

  • Alejandro Montero volveu demostrar o seu gran estado de forma, acadando a 2ª posición sénior.

Campionato Xunta de Galicia de Milla en Ruta (Lourenzá)
Cita autonómica na que os nosos atletas tiveron un papel destacado:

  • David Mellado proclamouse campión galego Máster 45.

  • Soledad Leiro e Rocío Díaz tamén subiron ao máis alto como campioas galegas en F50 e F55, respectivamente.

  • Marta Fernández sumou unha magnífica prata sénior, mentres que Emilio Fernández (4º M60) e Emilio García (4º M45) completaron a participación.

Trail da Carixa
Proba de montaña na que houbo esforzo en todas as modalidades:

  • Antonio Carneiro e Fernando Rey completaron en solitario os 22 km.

  • Juanito Amigo e Conchi Noya fixérono en relevos.

  • Laureano Varela e Nuria Mejuto enfrontaron a proba enteira competindoo en parella.

Campionato de Europa Máster de Maratón (Jyväskylä, Finlandia – 6 de setembro)
Unha das grandes citas da tempada, onde dous atletas da Esedé volveron demostrar o seu nivel internacional:

  • Jordi Carrasco quedou 9º da xeral e 2º na categoría M50, cun tempo extraordinario de 2h36:14.

  • Manuel Sobral tamén completou a proba cun brillante tempo de 2h57:07.

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica Abril 18/19 Laredo, Moaña e máis

Crónica Abril 18/19 Laredo, Moaña e máis

Fin de semana de grandes probas, trail e moita presenza do Compos A SD Compostela Atletismo volveu ter unha fin de semana moi activa, con presenza en probas de nivel dentro e fóra de Galicia, combinando ruta, trail e base. 10K Villa de Laredo Unha das probas máis...

Crónica Abril 11/12 Vimianzo, Toques e máis

Crónica Abril 11/12 Vimianzo, Toques e máis

Carreira Popular Concello de Vimianzo Gran actuación do Compos nesta proba, con numerosos podios en ambas distancias. 10K 🥉 Jaci Mello – 3ª absoluta🥇 Alberto Pardo – 1º M1🥇 Martina López – 1ª Sub20 Tamén participaron: Manu Costa Josito Fernández Manu Castiñeiras 3K 🥇...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *