Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Setembro 21/22 Coruña, O Pino e máis

por | Sep 26, 2024

Varias probas desenvoltas na provincia da Coruña centraron a atención dos nosos atletas esta fin de semana.

En Dombate, na IX Carreira Popular Dolmen de Dombate, víronse moitas camisolas compostelanistas. Cativos e adultos participaron da xa tradicional proba polas terras de Cabana de Bergantiños, un éxito tanto de participación como de resultados, como os de Amador Peña, gañador da proba absoluta 10K; Fran Pais, segundo na carreira 3K ou Toñito Pardiñas e Javier Cepeda cun 9o posto xeral e 1M1 e 3M4, respectivamente. José Suárez Leis, Manuel Castiñeiras, Laureano Varela e Iván Solís tamén completaron esta fantástica carreira.
Nas carreiras de cativos estiveron: Xian (3Sub12) e Alex Pena.

Na dura pero fermosa proba noctura do Cross de Brión tivemos a Fran Méndez, completando os 11 quilómetros nun tempo de 1:04:51.

Na cidade herculina, as nosas Alba Felpeto e Andrea Cores sumáronse á marea rosa con motivo da Carreira da Muller, unha proba que reivindica o papel da muller no deporte e a loita contra o cancro de mama. Ambas as dúas asinaron magníficas participacións e aportaron o seu gran de area nesta iniciativa deportiva que xa vai pola súa undécima edición.

A Carreira Pedestre de O Pino foi a cita que centrou a atención dos atletas da nosa entidade. Un numeroso grupo de rapaces e rapazas branquiazuis completaron as probas que durante toda a mañá do domingo se desenvolveron no municipio veciño para elevar o premio como mellor equipo masculino e feminino. Mentres que Amador Pena levantou a cita de vencedor, seguido polo noso Alberto Mariño en terceira posición no eido masculino, no femenino Soledad Leiro e Julia Salvado proclamáronse segunda e terceira clasificada no cadro feminino.
Amador Pena (1), Alberto Mariño (3), Gerardo Cachafeiro (12), David Martínez (18), José Sandá (21), Roberto Salvado (24), Fernando Sesar (32), Manuel Castiñeiras (60), Jesús Barral (61), Emilio Garcia (64), Iván Solís (76), Jorge Castro (77), Luis Míguez (80), Laureano Varela (83), Juan Alvarellos (94), Fernando Rey (189), Alberto Maneiro (162) e Iago Mateos (3Sub18) no equipo masculino; e Soledad Leiro (2), Julia Salvado (4), Nuria Mejuto (6), Amira Simón (7), Carmen Otero (10), Carmen del Río (11), Loli Gómez (17) e María Maroñas no feminino subiron ao máis alto do podio por equipos.
Tamén en O Pino tivemos ampla participación dos máis pequenos do club.

Fora da nosa terra, en Alcañiz, Teruel, tivemos a Emlio García. Quedou noveno de España na XV edición do CPTO de España Milla Máster, parabéns!

E un pouco máis lonxe, o noso representante Compostelanista en terras londinenses, Juan Carlos Casal, estivo na Vitality 10K London, carreira que completou en 35:45 (157 da xeral e 6 de categoría).

Parabéns a todos, seguimos!

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica Abril 18/19 Laredo, Moaña e máis

Crónica Abril 18/19 Laredo, Moaña e máis

Fin de semana de grandes probas, trail e moita presenza do Compos A SD Compostela Atletismo volveu ter unha fin de semana moi activa, con presenza en probas de nivel dentro e fóra de Galicia, combinando ruta, trail e base. 10K Villa de Laredo Unha das probas máis...

Crónica Abril 11/12 Vimianzo, Toques e máis

Crónica Abril 11/12 Vimianzo, Toques e máis

Carreira Popular Concello de Vimianzo Gran actuación do Compos nesta proba, con numerosos podios en ambas distancias. 10K 🥉 Jaci Mello – 3ª absoluta🥇 Alberto Pardo – 1º M1🥇 Martina López – 1ª Sub20 Tamén participaron: Manu Costa Josito Fernández Manu Castiñeiras 3K 🥇...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *