Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

a
M

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Setembro 16/17 Arzúa, Corcubión, Touro e máis

por | Sep 21, 2023

TREMENDA FIN DE SEMANA CHEA DE ÉXITOS PARA O COMPOS
Durante o ano, temos varias fins de semana de tolos, tanto pola cantidade de probas, como polos resultados acadados, e sen dúbida este foi un deles!
Comezamos pola proba do Sábado en Arzúa na VII “CLÁSICA TGM TOLDOS GÓMEZ
O aliciente de gañar un queixo Arzúa Ulloa sempre é motivante, pero desta volta, os nosos centráronse máis en competir polo equipo para aspirar a esa vitoria en conxunto, algo que acadamos e nos fai seguir avanzando despois do segundo posto obtido o ano pasado.
Os nosos en Arzúa ademáis de acadar o triunfo por equipos, tamén tiveron distintas premiacións individuais:
• Alberto Mariño, foi 8º absoluto e 3º en Máster 2 cun tempo de 36:15, ritmo 3:37
• Emilio García foi 16º, con 37:42, cun 5º de categoría
• Jesús Barral, gañou o M4, cun tempo de 40:29, ritmo 4:02 min/km
• Francisco Pazos sería 2º nesta mesma categoría, moi preto de Barral.
• Por detrás chegaron Manu Castiñeiras e Jose Sanda que tiveron o detalle de parar no medio da proba para axudar a un participante.
• Tras eles chegou Juan Alvarellos e Laureano Varela, a continuación as primeiras das nosas rapazas
• Nuria Mejuto e Lara Santos compartiron pódium en categoría Senior ¡!
• Juan Botana foi o noso competidor en máster 4
Éxito tamén nas categorías menores onde as nosas rapazas gañaron en todas as categorías da proba de 2k. 👏🥳
Compartían carreira os Sub14, 16 e 18
Paula Fernández sería 2ª absoluta e gañadora feminina da proba e Sub16
Julia Salvado foi 3º rapaza e gañadora da Sub18 feminina.
Lucía Taboada sería 4º rapaza en meta e gañadora Sub14.
Africa Gil, de volta a competición, sería 9ª en Sub14.
Os máis cativos tamén estiveron presentes en Sub10 e Sub12 con
Xian Martinez, Lois Abel, Daniela Gil e 🤍Brais Alvarellos.
O Sábado, practicamente ao mesmo tempo que deixabamos unha marca imborrable de resultados en Arzúa, mandamos a varios representantes a deixar o pavillón ben alto na “ perla” da Costa da Morte, a vila de Corcubión, conxunto histórico-artístico dende 1985, e o resultado non puido ser mellor xa que gañamos tanto a carreira masculina como feminina.
Cristian Muiño que xa sabe o que é gañar este circuíto e neste circuíto  impuxo o seu forte final ante o virtual gañador desta edición dun circuito novamente de 10 probas, que celebraba a penúltima, a falta do peche en Fisterra, Fran Pais foi un férreo rival para o noso atleta de Cereo, os dous impuxeron un forte ritmo xa de inicio, con Ricardo León algo detrás, e o noso Amador Pena sumando kms con certa calma de cara a súa próxima participación no campionato de Europa máster que con todo acadou a cuarta praza absoluta e primeiro Máster.
María Tarrio gañadora absoluta dos 10k, impuxo un forte ritmo de inicio a fin para gañar con solvencia, tamén en plena preparación da media maratón no campionato europeo dentro de 15 días.
Malena Amigo foi a nosa segunda muller en carreira absoluta, seguindo a súa mellora carreira tras carreira cun 5º Máster 3.
Tamén tivemos representación na cativada, con dous dos nosos múltiples Iagos e na proba absoluta de 3k con Jose Figueiras que entrou no posto 37
Iago Fernández e Iago Mateos estiveron na proba sub 16 e Xeila Mateos na de pitufos.
Cabe salientar que Cristian Muiño xa gañara esta proba fai nada menos que 9 anos, en 2014 e 2015, moito mérito esta continuidade nada habitual. Gañará 10 anos despois ¿?
Xa no Domingo, Touro foi o epicentro atlético para o Compos, Vitoria absoluta para Amador e campións por equipos.
Todo apuntaba a unha carreira pasada por auga, pero dende o inicio da proba absoluta que abría a xornada as 10:30 ata a entrega de premios máis alá do medio día, nin unha gota de auga chegou do ceo de Touro; carreira a dúas voltas cun perfil variado tanto de costas como de superficies, con partes de terra nunha entorna privilexiada.
A piques estivemos na proba absoluta de facer triplete pero o segundo posto de Sergio Requeijo do Arenteiro, evitou un podio 100% compostelanista na categoría masculina,
 Amador Pena gañaría a proba por diante de Sergio
 Sanda 3º e por detrás del na 4º posición
Alberto Mariño, uns resultados que se decidiron nun último kilómetro trepidante con subida potente nos últimos metros.
No eido feminino, e tras a vitoria do día anterior en Corcubión, María Tarrío acada a segunda praza absoluta, compartindo podio con
Nuria Mejuto que sería terceira, e facendo sufrir a Laureano Varela para poder seguila
Preto dos nosos primeiros atletas chegarían tamén:
Fernando Sesar que debutaría coas nosas cores cun Top 10
Manu Castiñeiras no posto 14º
Juan Botana sería pódium entrado 3º na categoría M4
Andrea Cores tamén subiu ao caixón como 2ª Senior
Malena Amigo gañou a categoría M3
E como non, tamén tivemos categorías menores:
Lucía Taboada 4ª Sub14
Clara Lopez 5ª
Clara Leis 10ª
Martina Rodríguez 11ª
En Sub12:
María Sesar 5ª
En Sub10:
Alex Pena
Xian Martínez foron 2º e 3º respectivamente.
E como colofón, vitoria novamente por equipos!
Xa sabedes que no Compos tamén tiramos moito para o monte, e alá fumos a VII TRAIL DOS INDIOS – CASTELO DE VITRES
Os amigos do Tribu Trail oranizaron novamente esta fermosa proba, e alá se foron a distancia longa:
Lennon Almeida e Pedro Pazos entrando nos postos 27 e 32 respectivamente, Pedro foi 4º na súa categoría. Algo menos de 3 horas de carreira para eles, case nada!
Na distancia Trailiño, tamén tivemos representantes:
Santi Dapena apartou o tartán para meterse no monte ao máis puro estilo Amador Pena e marcarse un posto 43º absoluto, con 1h50’
Roberto Salvado chegaría xunto a Santi sendo 4º Veterano A
No pódium absoluto tivemos a:
🤍ulia Salvado que foi terceira absoluta
Tamén tivemos cros na gran proba a do «Cros de verán de Broña», coa edición XVII a de este ano.
E tivemos representación con Francisco Pazos, que sería 25º absoluto e 2º Veterano 2
Tamén tivemos distancia de Milla, na XXXV MILLA URBANA FESTAS DO CRISTO 2023
Alí debutaba coas nosas cores Miguel Gómez que acadaría o segundo posto na proba popular.
Aínda non rematamos, porque tamén tivemos Media Maratón, unha moi especial medio campo a través por un entorno privilexiado: 21K DE LA COSTA DE SOAVELA
Alí tivemos a Paula Esteiro no pódium V40 e Top 10 absoluto feminino
Maria Maroñas que debutaba na distancia de xeito fantástico, e
Antonio Carneiro en plena preparación para Maratón que chegaría no posto 100 masculino cun tempo de 2 horiñas.
E tamén tivemos Media Maratón máis tradicional en canto a firme, na Media Maratón de Oporto. Vicky González, en plena preparación para Pescara, fixo un entreno de calidade parando o reloxo en 1h43’
O Sábado tamén se disputou unha nova edición deste trofeo na Guarda, onde a nosa Julia gañaría na súa categoría a proba que leva o seu nome, sobre unha distancia aproximada de 6’6km.
O dito, foi unha fin de semana chea de participación para o Compos, con éxitos de todo tipo e probas en distintas distancias e modalidades, o caso é pasalo así de ben!
Avante Compos !!

Redactado por Nuria Mejuto

Otros contenidos de la misma autora

Crónica verán, fináis de Agosto

Crónica verán, fináis de Agosto

Rematamos o mes de Agosto repasando todo o que deron de sí as últimas citas deportivas para os atletas da SD Compostela Atletismo. En plena época estival o Campionato Galego de Milla en Ruta non fallo á súa cita na localidade lucense de Lourenzá. Os atletas...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.