Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Outubro 5/8 Brión, Coruña e máis

por | Oct 10, 2024

Exhibición da SD Compostela Atletismo en Brión, onde se deron cita un numeroso grupo de atletas para disfrutar dunha tarde de deporte pasada por auga. Pero como non hai choiva que nos pare, competimos e celebramos un meritorio 3o posto por equipos, gracias aos resultados de Alberto Mariño, Emilio García, David Martínez, Iago Mateos, José Sandá, Nando Sesar, Javier Cepeda, Francisco Méndez, Shaila Muñiz, Carmen Otero, Marta Fernández, María del Carmen del Río, Silvia Fernández, Andrea Cores, Loly Gómez, Alberto Maneiro e Pilar Gómez.

Entre os atletas máis xóvenes que luciron as nosas cores en Brión estiveron: Martí Miguens, Lucía Taboada, Xián Martínez, Ainhoa Reboiras, Noa López, Daniela Gil, Ariadna Ruiz e Xeila Mateos.

Na Coruña, celebrouse unha das probas de 10K más rápidas da nosa comunidade. Fran Pais, Toñito Pardiñas, José Suárez Leis, Luis Míguez e Elena Suárez foron os nosos representantes compostelanistas polas rúas herculinas.

Este fin de semana tamén foi tempo de carreiras de montaña, como o Trail da Baña. Con distintas modalidades de distancia, no Trail corto de 16 kilómetros estiveron: Antonio Carneiro e Roi García, mentres que Fernando Rey disputou a distancia de 8k.

Na Carreira solidaria celebrada en Ourense “Pilar 2024”, Alejandro Montero acadou un excelente segundo puesto absoluto.

Por último, na mañá do domingo, catro dos nosos atletas Máster máis participativos; Manuel Castiñeiras, Laureano Varela, Alberto Pereira “Piti” e Soledad Leiro defenderon as nosas cores no Campeonato de España de Media Maratón celebrado en Albacete. Alí, a nosa “Sole” deu mostra do seu grande estado de forma conseguindo a medalla de prata da súa categoría F50.

Seguimos sumando kilómetros, próximamente Sada, Lestrobe, Fisterra,… e moito máis!

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica Xullo 2026

Crónica Xullo 2026

🩵🤍 Xullo, un mes cheo de competicións para a SD Compostela Atletismo O mes de xullo non deu tregua e os atletas da SD Compostela Atletismo seguiron levando as nosas cores por diferentes puntos de Galicia. Ruta, trail, carreiras nocturnas, categorías base e moitos...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *