Unha fin de semana máis, a ESEDÉ amosou o seu compromiso co deporte galego e, en particular, coas carreiras populares. Foron moitas e moi diversas as citas nas que se viron camisolas branquiazuis tanto na xornada do sábado como do domingo.
Os máis madrugadores do sábado foron os nosos atletas absolutos que participaron no Campionato de Galicia de Remudas Mixtas. O equipo formado por Fran Pais, Soledad Leiro, Amador Pena e Elena Veres cubriron os 6 quilómetros de percorrido polo circuito preparado para a ocasión nas inmediacións de Aldea Nova (Ames). Os nosos asinaron unha máis que excelente 6a posición dun Campionato de moito nivel que citou a algúns dos atletas máis rápidos de Galicia. Seguidamente da proba absoluta celebráronse as carreiras populares; con participación de Leo Miguens e Leo Gándara na Carreira Sub16/Sub18 masculina.
Na tarde do sábado, na Milla da Hispanidad de Ribeira, Emilio García e Soledad Leiro proclamáronse vencedores absolutos; proba na que tamén puidemos seguir ao noso Pablo Fernández.
Máis preto da casa, en Lestrobe, celebramos o segundo posto absoluto de Alberto Mariño, así como a participación e premiación por categorías de todos os nosos: Xacobo Crego, David Martínez, José Sandá, Xosé Antón Barreiro, Francisco Cepeda e Iván Rey.
O domingo, a presenza compostelanista estivo repartida por toda a provincia. Aquí, na casa, polas rúas de San Pedro, as atletas deron o mellor de si nunha das probas emblemáticas do circuito de carreiras Corre-San. Ainoa Gontán e Andrea Cores subiron ao podio como primeira e terceira clasificada. O protagonismo compostelanista foi maiúsculo con: David Martinez, Fernando Sesar, Miguel Gomez, Martiño Placer, Jesús Barral, José Antonio Gontán, Nuria Mejuto, Laureano Varela, Marta Fernández, María Fernández, Lara Salgado, Pablo Fernández e Silvia Fernández na proba absoluta; e Gonzalo Pérez, Lucía Taboada, Vega Pérez, Claudia Castro, Martina López, Daniela Pena, Alex Pena, Xián Martínez, Ainhoa Reboiras, Xan Vilas, Noa Lopez, María Sesar, Xoel Caneda, Daniela Gil, Enma Canitrot, Paula Canitrot e Breo Abel nas carreiras escolares.
En Fisterra pechábase o circuito da Costa da Morte do 2024 cunha das probas máis fermosas e duras a partes iguais. Por sorte para os nosos atletas o sol acompañou durante toda a mañá e os atletas branquiazuis correron nun domingo solleiro para despedirse das citas deportivas da comarca. Fran Pais proclamouse vencedor da proba dos 10 quilómetros. Canda el; Jose Suárez Leis, Juan Luis Amigo, Manuel Castiñeiras, Francisco Javier Cepeda, Carmen Otero, María del Carmen del Río, Malena Amigo e Conce Noia tamén cubriron con creces a proba raíña da xornada. Iago Mateos amosouse imbatible na carreira Sub18, namentres Xian Martínez e Xeila Mateos conseguiron premiación nas súas respectivas categorías.
Na carreira solidaria da Auga de UNICEF celebrada en Sada, Lucía Rodríguez e Quique Suárez levaron premio entre os máis rápidos da proba. Amira Simón e Iván Solís, sempre participativos e solidarios, tampouco se perderon esta significativa cita.
Ao norte, en Barreiros, no Trail Monte Comado, o noso Oscar Buján acadou o primeiro posto absoluto na distancia de 12k!
E fora da comunidade, en Braga, tivemos a Christian Danis na X European Police & Fire Games representando ao seu concello. Alí acadou o segundo posto da categoría 18-29 anos en 800 e en 5000 en pista.
Así se desenvolveu a derradeira fin de semana deportiva para os noso. E de parar nada, xa estamos concentrados para a que se aveciña.
0 comentarios