Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

a
M

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Marzo 25/26 Cross «Unha tarde con Samuel» e máis

por | Mar 30, 2023

“Unha tarde con Samuel” para correr e festexar polo Monte do Gozo. Nin a chuvia que caeu arreo durante a tarde do sábado en Santiago de Compostela mermou a emoción de participar e colaborar na III edición do Cross e Andaina Solidaria para a investigación Duchenne-Becker. A SD Compostela Atletismo estivo representada en moitas das categorías que tomaron saída das diferentes probas que se desenvolveron polas inmediacións do Monte do Gozo.

José Sandá, Diego Sotelo, Antonio Vázquez e Silvia Fernández, foron os atletas máis veloces nas súas respectivas categorías. Tamén o noso Cristian Danis recibíu premiación como 2º da categoría Senior; mais foron moitos os atletas que portaron a camiseta da SD Compostela Atletismo e contribuiron a facer desta proba solidaria de campo a través un evento festivo de reclamo popular. Xosé Antón Barreiro, Antonio Carneiro, Roi García, Jorge Castro, Laureano Varela, Manuel Castiñeiras, Francisco Javier Carneiro, Juan Luis Botana Mosquera, Juan Luis Botana Ferreiro e Jesús Cabo completaron a lista de atletas na proba absoluta do Cross Solidario.

Iago Mateos impúxose na categoría Sub16 mentres que Lucía Taboada foi 3ª Sub14. Claudia Castro foi outra das atletas da Esedé que correu na proba para idade sub14. En Sub10 e Sub12 tamén estiveron: Xián Martínez, Daniela Gil e Martín Trenco.

Todos eles formaron parte desta magnífica carreira solidaria en que, un ano máis, o máis importante foi compartir tempo de deporte e lecer entre amigos en apoio á investigación da enfermidade Duchenne-Becker.

Arredor de 4000 persoas disputaron este pasado Domingo unha das probas máis numerosas de Galicia, a Vig-Bay! E como non podía ser doutra forma, tamén tivemos representación! Podes ver todos os detalles na crónica anterior!

Para pechar esta brillante fin de semana competitiva, a nosa Paula Fernández deixou o listón moi alto no Campionato de España Sub16 de Pista Cuberta celebrado en Ourense, no que debutou dunha maneira impecable. Cun tempo de 10:25.67 Paula foi 6ª da clasificación na proba dos 3.000m en que se mediron as 15 mellores atletas de todo o territorio nacional. Unha excelente participación da nosa atleta que segue medrando día a día.

Atopámonos xa inmersos nunha nova semana de traballo que desta vez nos levará a participar en competicións por terras de Santa Comba, coa Clásica Gandeira; Ames, co Trail Ribeiras do Tambre e Monforte.

Redactado por Nuria Mejuto

Otros contenidos de la misma autora

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.