En Vigo, Ourense, Porriño e Málaga reluciron as cores da SD Compostela Atletismo.
Da cidade olívica á cidade das Burgas, a SD Compostela Atletismo foi protagonista con maiúsculas das dúas grandes citas atléticas da xornada grazas á participación dos nosos e as nosas atletas.
Na proba que transcorreu ao carón do río Miño de 5 quilómetros de distancia; Anxo Otero, obtivo o segundo posto absoluto, Andrea Cores foi a terceira muller e Loly Gómez foi cuarta. A nosa Carmen Rodríguez tomou parte da distancia longa de 15 quilómetros e foi segunda da categoría.

Unha marea celeste percorreu a cidade de Vigo o pasado domingo encabezada polo noso Anxo Otero. O atleta compostelanista levou a vitoria da proba 5K na oitava edición da Carreira Invasión Celeste organizado pola Fundación Celta xunto con Profand. Alí tamén tivemos ao noso Xosé Antón Barreiro na distancia longa de 10 quilómetros. 
No 10k do Porriño tivemos Jose Carlos Ferreira ao cal queremos felicitar pola súa excelente actuación logrando unha marca de 36:35, en una clara progresión respecto a suas últimas competiciones. Segundo el nos comenta, este resultado é o froito do traballo constante, dunha planificación rigurosa e dun compromiso exemplar cos adestramentos.
As cores da Esedé traspasaron as fronteiras da nosa comunidade e chegaron a Málaga coa representación das nosas Elena Veres e María Tarrío na coñecida como a Media Maratón máis rápida de Europa. Coa súa participación, as nosas atletas deixaron unha magnífica pegada compostelanista chegando a meta entre as 100 primeiras mulleres desta proba internacional que contou con 8.000 participantes.
. 

Este tipo de actuacións reflexan os valores que defendemos como club e enorgullecenos contar con atletas que os representan dentro e fora da competición. Noraboa a todos polos resultados e polo camiño percorrido. O progreso é evidente e o futuro, prometedor. Seguimos traballando.





0 comentarios