A SECCIÓN FEMININA DA SD COMPOSTELA ATLETISMO ARRASA NO EIDO NACIONAL
A sección femenina da SD Compostela Atletismo foi protagonista de grandes proezas deportivas esta fin de semana: Campionato de España Máster F50 de campo a través en Toro (Zamora) para Julia Vaquero, Vicky González, Fini Ribert e Malena Amigo; título da Corre San para Ainoa Gontán tras impoñerse na carreira do Barrio de San Pedro, acompañada no podio por Elena Veres como 3ª clasificada; Paula Fernández proclamouse campioa de España Sub16 de campo a través coa Selección Galega e Julia Salvado acadou o Campionato de carreiras por montaña Sub18. Todas estas fazañas, xunto con outros grandes trunfos dos nosos atletas, convertiron a pasada fin de semana en inolvidable para a nosa entidade.
As atletas desprazadas ata a localidade zamorana de Toro volveron co campionato de España Máster F50 por equipos, por primeira vez na historia da nosa entidade.
A este éxito das nosas Julia (4ª), Vicky (22ª), Fini (32ª) e Malena (38ª), hai que sumar o gran papel de María Tarrío na carreira F45 (23ª), e de toda a sección masculina. Entre os máis de 100 atletas da proba nacional M45 tivemos a: Marcelo Lanza, Jose Antonio Gontán e Antonio Vázquez, que asinaron a 15ª posición por clubs.
Na proba M35, as fantásticas exhibicións de Amador Pena, Antón Ruanova e Miguel Ángel Barral, situáronos como o 7º club da categoría.
En canto á proba de relevos, foi o grupo Mixto 45-54 con Fina, Marcelo, Vicky e Xosé Antonio os que asinaron unha excelente 12º posición. Magnífica experiencia en que continuamos levando as cores da Esedé máis alá de terras galegas.
A nosa Paula Fernández foi protagonista doutra das grandes proezas da fin de semana ao coroarse campioa de España coa Selección Galega Sub-16 de campo a través. Paula cruzou a meta como a 3ª atleta galega, logrando puntuar para o combinado autonómico, nunha proba de 5.000m en que participaron atletas de todas as autonomías españolas. A nosa atleta vivirá outra emocionante cita deportiva a vindeira fin de semana asistindo ao Campionato de España en pista cuberta Sub16 que se celebra en Ourense, en que Paula correrá a proba dos 3.000 metros.
Outra das nosas atletas Sub18, Julia Salvado, asinou unha excelente participación no trail DesafiOia, terreo en que a nosa Julia é xa todo unha experta, e que a compostelanista rematou como gañadora de dita categoría e segunda clasificada absoluta.
O sábado tivo lugar a última das probas do Circuíto Corre San 2022-2023. Logo de 3 intensas e igualadas carreiras, chegou a 4a carreira do Circuito. Co noso Amador Pena xa proclamado vencedor en categoría masculina, os primeiros postos da clasificación feminina estaban aínda por decidir. Ainoa Gontán, outra das nosas atletas en continua progresión, brillou nas rúas do Barrio de San Pedro para lograr a victoria nesta proba e, por tanto, no Circuito de carreiras santiagués. Xunto a Ainoa, Elena Veres foi a 3ª muller no podio, posto que tamén atesoura na clasificación final.
A carreira do Barrio de San Pedro con 5 quilómetros de gran esixencia, tanto polas súas impoñentes costas coma pola dura baixada e curva pechada a escasos metros da meta. O gran ambiente do barrio santiagués acompañou na participación dos case 30 atletas compostelanistas. Jose Sandá fixo unha magnífica carreira rematando 4º da xeral, seguido por Gerardo Cachafeiro (12), Martín Abelenda (25) e Xosé Antón Barreiro (27). Iván Abeledo (37M), Antonio Carneiro (53), Roi García (58), Manuel Castiñeiras (64), Jesús Barral (65), Jorge Castro (71), Daniel García (80), Santi Dapena (87), Laureano Varela (97), Pablo Fernández (114), Lara Salgado (11F) Nuria Mejuto (12F), Juan José Alvarellos (132), Juan Luis Botana (135), Francisco Carneiro (137), Beli Bermúdez (20), Silvia Fernández (28F), Juan Luis Botana (167), Francisco Pena (179), Laura Botana (59F) completaron a larga lista de atletas na proba santiaguesa.
Iso non foi todo, tamén un amplo número de atletas en idade escolar luciron a elástica azul e blanca polas rúas compostelás. En Escolares 1 estiveron: Xoel Otero, Xián Martínez, Claudia Castro, Daniela Gil e Daniela Maceiras. Entre os Escolares 2 tivemos a: Iago Mateos, Hugo Otero e Lucía Taboada.
Outra das grandes citas da fin de semana foi o Campionato Galego de 5.000 metros que se desenvolveu o domingo na vila de As Pontes en que o noso Emilio García foi subcampión da categoría M45 (17:04). Tamén Elena Veres participou da proba autonómica cun rexistro final de 19:24 (F12).
A noite ourensá e a proba Nocturna de Banco Mediolanum tamén tiveron dous grandes protagonistas, ambos atletas da Esedé. Alejandro Montero venceu na carreira curta de 5 quilómetros e Javier de Dios chegou en 2ª posición da proba absoluta de 15 quilómetros. Os dous pararon o crono con rexitros moi meritorios con 17:18 para Alejandro e 52:16 para Javier.
En Vigo tamén tivemos a Sindo González no TOP10 da Carreira 5K de Teis, unha proba moi dura, de case 6 quilómetros, que Sindo completou como o 6º atleta máis veloz.
Tamén tivemos cita intersemanal, coa inauguración das pistas de atletismo da Universidade de Santiago de Compostela e o control de marcas que a Federación Galega organizou na súa estrea oficial. Alex Pena e Xián Martínez estiveron nos 50 metros e nos 500 metros para escolares. Alex tamén participou da proba de lonxitude. Nos adultos, Amador Pena, parou o crono en 4:18.10 en 1.500m, e foi 3º da serie.
0 comentarios