Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica marzo 15/16 Campionato de maratón, campionato de trail e máis

por | Mar 20, 2025

A Esedé, entre a maratón e o trail.

Que os nosos e as nosas atletas están presentes en canta proba se celebra é unha realidade da que estamos ben fechandosos. Mais a pasada fin de semana as cores compostelanistas luciron en dúas disciplinas diferentes: o Campionato de España de Maratón celebrado en Barcelona e o Campionato de Galicia de Trail en Caldas de Reis. En ámbalas dúas probas, os corredores da SD Compostela Atletismo conseguiron fitos relevantes tanto a nivel autonómico como nacional.

Baixo o Arco do Triunfo o noso Jordi Carrasco coroouse campión da proba raíña na categoría M50 parando o cronómetro nun abrumador 2:29:58, tempo que lle serviu para establecer novo récord galego M50 en Maratón. Canda el, completaron o equipo compostelanista presente no Campionato Nacional: Cristian Expósito, Javier Carlos Capón, Daniel Álvarez, Manuel Sobral, Fernando Pousa, Carlos Casal, Alberto Pereira e a nosa Soledad Leiro; deixando pegada da SD Compostela Atletismo na historia dunha das probas atléticas máis importantes de España.

En Caldas de Rei desenvolveuse o Trail Laxe dos Bolos paralelamente ao Campionato Xunta de Galicia de Trail Running na modalidade Classic. Tres das nosas atletas máis novas e apaixonadas da modalidade de trail running defenderon as cores da Esedé no campionato galego. Lucía Taboada e Julia Salvado foron dominadoras da distancia curta e media do Trail de Santa María nas súas respectivas categorías Sub16 e Sub20; e a nosa Xulia Vidal obtivo o bronce na categoría Sub18. Cubrindo a distancia media tamén tivemos aos nosos Nando Sesar e Santi Dapena.

O Circuito de carreiras “Coruña Corre” celebrou a proba nocturna con saída aos pés da Torre de Hércules e algo máis de 6 quilómetros de distancia. José Suárez Leis foi o representante compostelanista presente na proba coruñesa.

Por último, en As Pontes, tivemos aos nosos Juan Amigo e Conchi Noya, participando na Carreira de San Xosé. Nun trazado de 6,4 quilómetros, o noso Juanito acadou a vitoria na categoría M3.

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica Febreiro Campionato de España 10k Máster

Crónica Febreiro Campionato de España 10k Máster

Histórico Campionato de España Máster 10K en Ibiza para o Compos A SD Compostela Atletismo viviu unha fin de semana inesquecible no Campionato de España Máster 10K celebrado en Ibiza, cunha actuación colectiva espectacular e varios resultados históricos para o club. 🥇...

Crónica Febreiro 7/8 Padrón, Ourense e máis

Crónica Febreiro 7/8 Padrón, Ourense e máis

Fin de semana cheo de actividade e grandes resultados para a SD Compostela Atletismo A SD Compostela Atletismo volveu vivir unha fin de semana intensa, con presenza en ruta, pista curta e trail, demostrando a forza do club en todas as disciplinas. 📍 Carreira Popular...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.