Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica Febreiro 8/9 Coruña 5k, media maratón e máis

por | Feb 12, 2025

A SD Compostela Atletismo súmase á festa da Coruña 21 e 5K!

Na mañá do domingo, as rúas da cidade herculina acolleron aos miles de atletas que se desprazaron para participar no medio maratón da Coruña e na carreira curta de 5 quilómetros. Entre eles, moitos dos nosos, luciron a camisola branquiazul nas dúas probas da xornada dominical.
Entre os máis rápidos dos 21 quilómetros e dentro do top20, situáronse os nosos Jordi Carrasco e Cristian Expósito, premiados en cadansúa categoría; namentres Soledad Leiro foi a oitava muller en chegar á meta e premiada na categoría máster4.
Completaron a listaxe de actuacións na longa distancia os nosos: Toñito Pardiñas, Emilio García, Alberto Mariño, Manuel Castiñeiras, Segundo Domínguez, Nuria Mejuto, Elisa Boullosa e Carlos Bustelo.

Tamén contamos cun amplo número de representantes compostelanistas na distancia curta, unha proba que se desenvolveu de maneira paralela ao medio maratón. José Suárez, Elena Veres, Juan Amigo, Andrea Cores, Carmen del Río, Ignacio Beltrá, Noelia Suárez e Conce Noya completaron con éxito os 5,2 kms de percorrido polas inmediacións do Obelisco.

Disfrutando do Parque Natural do Monte Aloia e completando os 10 quilómetros e 400 metros de desnivel da modalidad ‘speed Trail’ tivemos ao noso Fernando Rey.

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica Abril 18/19 Laredo, Moaña e máis

Crónica Abril 18/19 Laredo, Moaña e máis

Fin de semana de grandes probas, trail e moita presenza do Compos A SD Compostela Atletismo volveu ter unha fin de semana moi activa, con presenza en probas de nivel dentro e fóra de Galicia, combinando ruta, trail e base. 10K Villa de Laredo Unha das probas máis...

Crónica Abril 11/12 Vimianzo, Toques e máis

Crónica Abril 11/12 Vimianzo, Toques e máis

Carreira Popular Concello de Vimianzo Gran actuación do Compos nesta proba, con numerosos podios en ambas distancias. 10K 🥉 Jaci Mello – 3ª absoluta🥇 Alberto Pardo – 1º M1🥇 Martina López – 1ª Sub20 Tamén participaron: Manu Costa Josito Fernández Manu Castiñeiras 3K 🥇...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *