Estadio Verónica Boquete – San Lázaro porta 15

ACTUALIDADe SD COMPOSTELA

Crónica febreiro 15/16 Padrón, Medina del Campo e máis

por | Feb 19, 2025

De Padrón a Valladolid, suma de quilómetros para a Esedé

A proba deportiva na vila veciña de Padrón consolídase como unha das citas de referencia no calendario atlético galego e, como non podía ser doutra maneira, alí tivemos unha ampla representación compostelanista. As proba escolares abriron a tarde deportiva á beira do Sar, seguidas da carreira curta de 5 quilómetros; unha carreira da que tomaron parte os nosos Francisco Pais, José Sandá, Martiño Placer, Martina López, Claudia Castro e Jorge Castro.

Na carreira longa de 10 quilómetros, unha decena de atletas branquiazuis, entre eles José Suárez, David Martínez, Martina López; que foi premiada como primeira atleta local, Manuel Castiñeiras, Jesús Barral, Francisco Cepeda, Iván Solís, Laureano Varela, Nuria Mejuto, Elisa Boullosa, Carlos Bustelo, Loly Gómez, Ignacio Beltrá, María Rodríguez, Noelia Suárez e José Bernárdez, completaron a lista de deportistas da Esedé na carreira popular de Padrón.

Ata Medina del Campo desprazouse unha expedición de atletas compostelanistas para correr a media maratón da vila vallisoletana. Os nosos catro atletas Jordi Carrasco, Manuel Sobral, Daniel Álvarez e Piti Pereira sumaron quilómetros de cara a súa próxima participación na maratón de Barcelona, proba do campionato nacional.

Tamén tivemos ao noso Xosé Antón Barreiro en Vigo, no 10k enmarcado no circuirto Run Run Vigo, esta vez na carreira do Calvario.

E un pouquiño de trail! Realizando a distancia ultra do Quiroga Trail Challenge tivemos a Xose María, completando 87 kms en 11h 30 min!

Redactado por Elena Veres Ojea

Otros contenidos de la misma autora

Crónica Xullo 2026

Crónica Xullo 2026

🩵🤍 Xullo, un mes cheo de competicións para a SD Compostela Atletismo O mes de xullo non deu tregua e os atletas da SD Compostela Atletismo seguiron levando as nosas cores por diferentes puntos de Galicia. Ruta, trail, carreiras nocturnas, categorías base e moitos...

0 comentarios

Enviar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *